Vigo Castellano  Galego  

Arquitectura de Vigo

Unha reflexión sobre a arquitectura viguesa

Para os interesados....

11/09/2006

A UIMP INICIA HOXE AS SÚAS ACTIVIDADES EN PONTEVEDRA CUN CURSO SOBRE ARQUITECTURA DIRIXIDO POR CÉSAR PORTELA

O curso, que leva o título 'A arquitectura coma función, como reprsentación e como cultura" contará ata o día 13 de setembro con conferencias coma Iago Bonet, Jesús Llamazares ou a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas.

O programa académico comenzará ás 10.00 horas, coa intervención de César Portela, quen abordará a evolución da arquitectura da cidade á arquitectura do territorio. Seguiralle Jesús Llamazares, cunha charla sobre a arquitectura pacega en Galiza, e Iago Bonet, que tratará na súa ponencia sobre a Villa Palladiane e o territorio da Toscana.

Na sesisión vespertina deserrollarase unha conferencia a cargo de Antonio García-Abril Ruiz titulada 'Paisaxe da memoria' e, de seguido, unha mesa redonda na que intervendrán os ponentes da primera xornada.

O martes día 12 participará o arquitecto portugués Jorge Cruz Pinto, coa charla denominada 'Da arquitectura dos montes á arquitectura contemporánea no Alentejo'. O inxeñeiro Damián Álvarez Sala disertará sobre a súa experiencia no que respecta á paisaje en Andalucía e a ordeación do territorio.

Máis información de César Portela: http://www.eiarquitectura.org/e/popups/portela/portela.htm

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/09/11/para-os-interesados/
1 Comentario - Enviar comentario

Xa estamos todos?

06/09/2006

Parece que pouco a pouco imos tornando ó día a día, despois destas escuras vacacións. Que tal todos? Hai alguén por aquí?

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/09/06/xa-estamos-todos/
3 Comentarios - Enviar comentario

Vivendas valeiras en Vigo

05/07/2006

Acabo de atopar en Youtube un documental (coa idea orixinal de Iago Fernández) que merece a pena velo. Non o perdades: http://www.youtube.com/watch?v=uE9oxQP3DFY

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/07/05/vivendas-valeiras-en-vigo/
0 Comentarios - Enviar comentario

Especulación?

04/07/2006

Fai uns días un xornal galego recollía opinións sobre: ¿Qué opina que está ocurriendo con el urbanismo en el área de Vigo? (http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/opina.jsp)
E VOS, QUE PENSADES?

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/07/04/especulacion/
0 Comentarios - Enviar comentario

Mostra de Alejandro de la Sota

22/06/2006

Estos días o Círculo de Bellas Artes de Madrid ten exposta unha mostra de maquetas dun dos arquitectos vigueses do mundo: Alejandro de la Sota (http://www.circulobellasartes.com/biografia.php?ele=56) aínda que non estemos na capital a páxina do Círculo ofrécenos a posibilidade de ter abundante información.

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/06/22/mostra-de-alejandro-de-la-sota/
0 Comentarios - Enviar comentario

Centro Comercial Gran Vía

05/06/2006

Algún de vós (coma o Vigués Rural http://vigo.cidadans.net/edoarado/) xa o etades apuntando pero dende o punta de visto arquitectónico, Que opinión vos merece?
A min suxireme unha barbarie ostentosa. Que se pode esperar dun espazo que alberga máis de 100 locais e preto de 2.000 aparcadoiros...

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/06/05/centro-comercial-gran-via/
3 Comentarios - Enviar comentario

Estas farolas tan fermosas....

23/05/2006

Xa vai tempo que quería falar destas farolas que temos por Vigo. Unha cidade tan moderna podería darlle outro aire a cidade, e aproveitar para facer un pouco de consumo enerxético.
(por certo, xenial a páxina deste vigués http://www.julio-alonso.com/Photo/Vigo.html)

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/05/23/estas-farolas-tan-fermosas/
8 Comentarios - Enviar comentario

Volta á reflexión

05/05/2006

Despois dun período de ausencia obrigada deste blog,volto cun novo comentario. A ver, compañeiros, cal é a vosa opinión:
O outro día estiven visitando a un amigo que traballa no edificio da Xunta en Vigo. Nunca antes estivera dentro e, a verdade, é que quedei abraiado: É increiblemente luminoso e o lugar no que se atopa é todo un privilexio.
Qué pensades?

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/05/05/volta-a-reflexion/
6 Comentarios - Enviar comentario

Mendes da Rocha e unha nova actuación na Universidade de Vigo

22/04/2006

Se fai unhas semanas neste mesmo caderno algúns dos participantes se mostraron reacios á obra de Miralles no campus de Vigo, avisamos que a obra que Paulo Mendes da Rocha -gañador do Pritzker 2006 - vai a levantar tamén moitas pasións e despasión.
Este arquitecto brasileiro está, agora, desenvolvemento o plan xeral en Galicia para a Ciudade Tecnolóxica da Universidad de Vigo. E ten como encargo integrar a biblioteca, os departamentos de inxeñería, as residencias estudiantis e as oficiñas de administración (que foron feitas por varios arquitectos diferentes) y fusionalas nun esquema da paixase xeral que unirá os edificios.
Sen dúbida, unha gran obra.

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/04/22/mendes-da-rocha-e-unha-nova-actuacion-na-universid/
5 Comentarios - Enviar comentario

A Casa do Concello

18/04/2006

Levamos xa varios 'capítulos' falando de edificios de Vigo pero xa é hora de que falemos un pouco da Casa do Concello. Aproveito que se poden colgar fotografías para publicar unha que amosa a beleza desta construcción.
A discusión está aberta...
Saudiños

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/04/18/a-casa-do-concello/
1 Comentario - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados