Castellano Galego Unha reflexión sobre a arquitectura viguesa

1. Segue a informar, que se agradece.
2. O de unha gran obra supoño que será se se fixese, porque polo de agora o primeiro recorte foi o de deixar os aparcadoiros (eses cilindros que na imaxe parecen tambores de lavadora) para mais ver, que coma se ve que no CUVI todavía non é problema de todo o aparcamento pois que sigan ocupando os viais do bus, que poñemos a xente a andar por pasarelas e listo.
A solución do CUVI non pasa por unha pasarelas futuristas pero pouco prácticas (para achegarse dende Industriais a Ciencias do Mar habería que facer todo o percorrido en U das galerías, subindo ata Miralles e logo volvendo a baixar) senon por establecer un sistema de transporte interno que funcione, temos un coche eléctrico de Citroen, xa postos sería mellor (e moito mais barato) facer un par de microbuses eléctricos, que tamen saimos nas noticias e non temos que gastar os cartos nunha obra que ninguén vai aproveitar, mais aqueles que poidan meter o cazo.
So me resta decir que é unha das fantasías do ractor sainte e que moitos esperamos que se vaia con el, porque hai moitas pingueiras que eliminar (en todas as facultades chove dentro cando chega o temporal) antes que contruir mais teito no que poñer pingueiras novas, ainda que sexan dun arquitecto premiado.
Saudos
3. Desde logo que o das pingueiras está antes que nada. É un curiosos fenómeno que se dá nas tres universidades. Non teño moi claro de quen é a responsabilidade, se dos arquitectos que pensaron mal as cousas ou dos construtores que racanearon nos materiais.
Co que non estou dacordo é coa idea de transporte en bus dentro do campus. Moito mellor as pasarelas, máis efectivas e a medio e longo prazo seguro que igual ou menos custosas. E o do bus eléctrico semella unha broma. Tamén podiamos ir nun dos cabalos que pastan por alí, en carro andaluz e todo.
A pasarela que vai de económicas á biblioteca evita máis dunha molladura das boas. E se ben penso que os aparcadoiros son necesarios, tamén creo que antes o son as novas pasarelas. O primeiro é poderse mover a pe polo campus.
Insisto, paréceme un progreso cualitativo, igual que o foron as peonalizacións na cidade (praza Independencia, Calvario, Alameda, etc.). O peón debe ter sempre prioridade.
No que tampouco non entro é nos detalles do proxecto, porque os descoñezo.
4. Hola
Estou completamente de acordo en que a xente debe ser o primeiro, pero o que non se pode é facer unha rede radial de pasarelas para que todo o que queira poida chegar o Rectorado e a zona comercial (esixencia dos comerciantes para renovalas licencias) e non conectar os estremos, deixando entre Industriais e Ciencias do Mar un percorrido de mais de cincocentros metros. Logo cando o comentas nunha reunión co vicereitor encargado do tema (por iniciativa del, supostamente polo interese do Reitorado en melloralo proxecto inicial) que sería importante permitir esta comunicación a resposta é certamente irrisoria (non a reproduzo por respet oa quen non se pode defender) coma se se tratase do comentario dun neno.
Sobre o de usar vehículos eléctricos somentes decir que non ten limitación ninguna mais que a interese en facelo, e engadir que era unha das ideas do proxecto de reordenación inicial, na que se impedía o tráfico de vehículos privados en todo o interior da circunvalación.
O de chamar peonizacion o feito para a Volvo, no que a única rua que deixou de ter circulación rodada é unha das laterais da Praza de Compostela é moito chamar.
5. Coincido con Edoarado en que xa basta de facer construccións por facelas...!
Este proxecto asemellase a un formigueiro pero moito me temo que ó arquitecto esqueceuse de soterralo tipo bunker con iluminación cenital igual quedaba ben... JAJAJA
1 Xa comentei noutro sitio (que non atopo) que o Campus Vigués é mostra da IRRACIONALIDADE para un espazo universitario (agás a praza do botellón que pode ser cómoda pero resulta dunha tristeza abraiante: cemento vs. natura)
2 O espazo no que se atopa calquera podería soñar con construir nel... aberto ó monte e á ría á vez... todo un luxo medioambiental ESTRAGADO POLOS PERSONALISMOS dunha arquitectura supostamente vangardista que xa non lle chama a atención a ninguén: agás claro ó arquitectos que para eso viven dela.
3 Imaxinar que o futuro consiste en chegar no teu cochiño, introducirte nun corredor impersoal e poñerte a camiñar cara a ningures (só para non mollarse ou para que non che dea o sol)... imos converter un ESPAZO NATURAL na representación da Estupidez Humana!
Unha maravilla de arquitectura para as formigas...!
E o de colocar 'paqueteiras electricas' de circulación constante sería algo moito máis racional. E por ende así evitaríamos que todo quisque subira o seu coche e a ver se PILLAMOS UN SERVIZO DE AUTOBUS que sexa do século XXI...
Esto chámase desenvolvemento sustenble e o outro son Historias de Terror Futurista.