Vigo Castellano  Galego  

Arquitectura de Vigo

Unha reflexión sobre a arquitectura viguesa

Volta á reflexión

05/05/2006

Despois dun período de ausencia obrigada deste blog,volto cun novo comentario. A ver, compañeiros, cal é a vosa opinión:
O outro día estiven visitando a un amigo que traballa no edificio da Xunta en Vigo. Nunca antes estivera dentro e, a verdade, é que quedei abraiado: É increiblemente luminoso e o lugar no que se atopa é todo un privilexio.
Qué pensades?

http://vigo.cidadans.net/Arquitectura_Viguesa/2006/05/05/volta-a-reflexion/
6 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Os edificios están moi ben, mais o privilexio que desfrutan é unha faena para a cidade. Son unha pedra máis que o PP puxo no muro que nos tapa a ría. Construidos sobre terreo comido ao mar, cando se podían ter feito noutro lugar igual de ben, sen ocupar ese espazo de incomparábel valor. A seguinte pedra, A Laxe.

    En fin, edificación respectábel, urbanismo deplorábel.

    Publicado por: pechan Vigo ao mar. | 09/05/2006 17:23:43
  • 2. Comparto o comentario anterior... por moi interesante que poda ser o Edificio resulta imperdonable a PREPOTENCIA e a VIOLENCIA coa que se impuxo na primeira liña de costa...!

    ¿Acaso non é ILEGAL cando contrúe o PP?

    Fixádevos ata onde chegan os MISERABLES que tendo no soto un parking reservaron seis prazas de aparcamento na superficie e teñen tan pouca vergoña que os Domingos podedes observar como as señoras, fillos e fillas dos 'privilexiados funcionarios' aparcan con todo o santo morro DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA...!

    Se lle sumamos os coches dos Socios do Nautico que acceden á dársena aparcando en superficie (outros privilexiados do carallo): calqueira diría que os DOUS APARCAMENTOS están feitos exclusivamente para os parvos que PAGAMOS mentres os 'listillos' afean un lugar de verdadeiro privilexio a carón do mar de Vigo... eu atendendo meu amigo... eu atendendo meu amigo...!

    Morrerei fremosa no mar maior... non hei barqueiro NIN REMADOR...!

    Este edicifio é unha MERDA do PP...!!! Agora podedes seguir votandolles nas proximas eleccións municipais... e igual temos que acceder ó Náutico en helicóptero para non molestar ós Señoritos... cando pasemos pola Alameda...!!!

    Publicado por: Fun e peteiche na porta... | 10/05/2006 01:07:58
  • 3. Tendes toda a razón! Esa zona do paseo debería ser máis transitable para os cidadáns....

    Publicado por: Luis | 10/05/2006 12:19:11
  • 4. Sobre o edificio da Xunta sorprendeume a ledicia coa que onte o Presidente da Autoridade portuaria comentaba que lle gustaría que os vigueses tivesemos a oportunidade de velo dente o mar para descubrir "o fermoso que queda dito edificio".
    Coma sobre todo sempre hai opinións, pero dicir que unha mole que rompe a liña litoral e fermoso paréceme excesivo. A lo menos poderían ter a decencia de afrontar unha das modificacións propostas ó proxecto, facendo a azotea de acceso público, para que polo menos todos os cidadans poidan desfrutar das vistas, claro que coas mesmas levamos tempo pedindo acceder a azotea do Concello e cos mesmos resultados: mutismo.

    Publicado por: edoarado | 13/05/2006 10:43:27
  • 5. Magnífica idea: solicitarlle por ACLAMACIÓN CIDADÁ ó Presidente da Autoridade Portuaria que inclua no seu Plano de Abrir o Porto á Cidade os ACCESOS PUBLICOS ÁS AZOTEAS DO EDIFICIO DA XUNTA... e por suposto á balconada da Estación Marítica (que é unha vergonza que estea pechada dende fai anos...)

    Claro que se lles damos a idea apostate algo a que COBRAN ENTRADA coma se fose o Empire State...?

    ENTRADA as azoteas GRATUÍTA E ASCENSORES SEGUROS...

    Concello Vigo
    Edificio Xunta
    Edificio A Laxe (?)
    Estación Marítima de VIGO
    Pazo de Congresos (?)

    Cómo podemos tramitar esta PETICIÓN?

    Publicado por: Erasmo | 13/05/2006 11:22:32
  • 6. Pois aínda non me fun de vacacións pero penso que estas BITACORAS son unha perda de tempo... sobre todo porque cando se nos ocorren IDEAS coma a das azoteas públicas... ou calquera outra... vexo que aquí nin están os POLÍTICOS cheirando nada... nin temos xeito de facerlle chegar as nosas críticas e suxerencias...

    Así que eu abriría unha bitácora con esta temática en exclusiva... se vos parece?

    Tamén lle paso a pelota á nosa amiga EVA como encargada técnica deste Cadernos Cidadáns... e a todos os que andamos enredados nestas cousas da internet... porque a verdade escribir para lernos a nós mesmos non ten moito sentido...? Qué vos parece?

    Publicado por: Erasmo | 29/06/2006 22:43:02

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados