Castellano Galego Unha reflexión sobre a arquitectura viguesa

1. Hola, Luis
Xa que esto mencionado aproveito para comentalo "foso de gladiadores" que se pode ver na recreación que colgaches. Suponse que é unha das entradas o centro, pero a porta da case contra unha parede, ademais de que as escaleiras rompen coa xeometría que se pretende destacar, desa especie de cubo de palomitas vacío, xa que todas escaparon por baixo e andan con desfogue comercial posiblemente debido a subidón de azucre.
Lamentable tamén dende o meu punto de vista é o aparcadoiro en superficie, desaproveitando unhe enorme praza que ben podería server para restauración, en lugar de ter que comer nas catacumbas, rodeado de berros e tobeiras de aire acondicioado coma se aquelo estivese no medio dunha zona morta, na que sair o exterior supuxese a morte ... supoño que en certo modo o ven así, xa que polo de agora o aire é gratis.
2. Falta verde, moito moito verde. ¿por qué nesta cidade nos se plantan mais árbores?
3. Dando unha voltiña atopei esta entrada e ocórreseme que deberan estar PROHIBIDAS as Infografías e Maquetas que distornionen a Realidade das Intervencións Urbanísticas.
Tódalas Maquetas e Infografías deberan estar obrigadas a RECOLLER O ENTORNO REAL da Obra. Torres, viais de acceso e saída, etc, etc...
O digo porque na actuación que está prevista na Praza de España tamén sucede o mesmo: INFOGRAFÍAS do século XXI para realidades moito máis CUTRES.
¿Non sei se estás de acordo en que os Proxectos de Arquitectura normalmente OCULTAN a realidade en lugar de Mostrar o Futuro da propia Obra?
Saúdos