SOS COUREL ante os Tribunais de Xustiza...
12/10/2007
SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza
O venres, 5 de outubro de 2007, recorre ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, “La Campa-Santa Eufemia”, no medio da Cunca do Lor, un dos espazos de maior valor cultural e ambiental de Europa.
Inmediatamente, a primeiros de novembro, teremos que recorrer tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.
Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á instancias superiores aos que facerlle fronte.
Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a “magnitude da desfeita”, non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos.
Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en La caixa:
2 1 0 0 2 1 8 3 5 6 0 2 0 0 1 8 1 1 0 9
A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G27362474, con enderezo postal en “Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo” non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a “Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel”.
Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico: soscourel@mundo-r.com, o enderezo postal ou o telefono 607 22 58 87.
Gracias por axudar.
SOS Courel, 11 de outubro de 2007.
ENLACES PARA DIFUNDIR ESTA ACCIÓN:
http://soscourelsos.blogspot.com
http://www.verdegaia.org/content/view/376/191/
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=650&Itemid=2
http://ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=index&catid=&topic=8
http://www.arredemo.info/arredrupal/node/89
No Courel xa hai demasiadas canteiras cunhas condicións ambientais insostibles, recoñecidas polas propias empresas, cando pediron axuda económica ás Administracións para solucionar o problema ambiental no 2001.
No Courel hai posibilidade dabondo de crear moitos máis dos cen postos de traballo da canteira que se cuestiona, e son necesarios e urxentes para a restauración e conservación cultural e ambiental de todo o Courel.
Non hai desenvolvemento económico se non se respectan os valores culturais e ambientais.
Difunde este comunicado para reclamar respecto á lexislación medioambiental en Galicia!!!