Vigo Castellano  Galego  

Erasmo

As cousas sempre poden ir a peor...!

Compromiso Científico co Courel !!!

04/12/2007

Compromiso científico co Courel:

Agradecemos ao Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal" ( IUX ), da Universidade da Couña, e ao seu Director o Catedrático de Xeoloxía, Juan Ramón Vidal Romaní, por o decidido compromiso na defensa do Patrimonio Científico e Cultural, herdanza á que tamén pertence o Courel.

Así, esta Institución Científica, decidiu rexeitar recentemente o I premio “Santa Bárbara”, na modalidade de “Comunidade Mineira”, concedido pola Cámara Oficial Mineira de Galicia :


Nesta Primeira Edición dos premios “Santa Bárbara”, que outorga a Cámara Oficial Mineira de Galicia, había outras tres modalidades: “Empresa”, “Traxectoria persoal” e “Comunicación”, que foron entregados todos eles o 30 de novembro de 2007:


- Modalidade Empresa: Cupa Group, participada por Caixa Galicia e propietaria da canteira “La Campa”

- Modalidade Traxectoria Persoal: Jesús Hervada Fernández-España, enxeñeiro de minas

- Modalidade Comunidade Mineira: Instituto Universitario de Xeoloxía ‘Isidro Parga PondalÂ’

- Modalidade Comunicación: Xosé Antón Rodríguez González, Dpto. de Economía Cuantitativa da Universidade de Santiago de Compostela

O 28 de novembro, o Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal" difundiu un comunicado a través do seu Director, o profesor Juan Ramón Vidal Romaní, do que a continuación extractamos:

Como responsábel do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal teño manifestado moi claramente a miña postura perante a explotación mineira de Galiza, nomeadamente no que compre as industrias extractivas da Lousa que considero o maior e mais grave risco ambiental que existe no noso País no momento actual. A concesión do dito premio ao Instituto Universitario de Xeoloxía foi decidida por persoas alleas ao Instituto e foi xustamente onte cando eu souben do tal feito. Considero totalmente incompatíbel coas miñas ideas ser premiado ou aceitar para o Instituto un premio por parte da entidade que agrupa as empresas mineiras de Galicia entre as que están as que provocan danos irreparábeis e irreversíbeis no noso patrimonio natural, científico e medioambiental. Por esa razón rexeito a tal distinción e o fago tamén como protesta pola actuación das empresas da lousa en Barco de Valdeorras e no Courel onde se está a consumar o maior desastre ambiental para Galicia. Gustaríame que deran publicidade a esta decisión do Instituto Universitario de Xeoloxía.

Un saúdo cordial... Juan Ramón Vidal Romaní

Director Instituto Universitario
de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.

===================

Para comunicarse co Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal:

tamén no teléfono 628 913 899

===================

Ese mesmo día o Instituto Universitario envioulle esta carta a Cámara Oficial Mineira de Galicia:

Sr. Director de la Cámara Oficial Minera de Galicia

Don José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Polígono de Matogrande

Rúa María Puga Cerdido

Edificio Lugrís Vadillo

15009 Coruña


Muy estimado Sr. Álvarez-Campana:

En el día de ayer supe por Ud. mismo y posteriormente por la documentación que me remitió que el Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal' había sido distinguido con el Premio Santa Bárbara de la Cámara Minera de Galicia en la modalidad Comunidad Minera por su papel en el estudio de la geología gallega entre 1979 y la actualidad.

Quiero expresarle en primer lugar mi agradecimiento por tal distinción y por el hecho de compartir tal honor con la persona del Ingeniero de Minas Don Jesús Hervada Fernández-España al que conozco, respeto y admiro desde hace muchos años. Sin embargo, muy a mi pesar debo manifestarle que debido a la discrepancia del IUX con la política minera actual que se lleva a cabo en Galicia, en especial la que se refiere a la minería de la pizarra, debo rechazar en nombre del Consejo Científico del Instituto de Geología y en el mío propio, el galardón concedido por la Cámara Minera de Galicia.

Los daños producidos por la industria extractiva de la pizarra, especialmente, en Galicia son enormes y conllevan la destrucción del patrimonio científico (geológico y biológico) del patrimonio ambiental y del patrimonio paisajístico. Los efectos negativos de estas explotaciones de pizarra son visibles de manera evidente en la comarca del Barco de Valdeorras y ahora van comenzar a repetirse con igual intensidad en O Courel. El valle de Pacios con sus glaciares de 300.000 años de antigüedad ha sido ya destruido y los ríos que drenan la zona están rellenos de escombros. Esta actividad extractiva se va a continuar en la cantera de A Campa a los pies de Folgoso de Courel llevando a la repetición de los mismos hechos en esa zona. Y es verosímil pensar que O Courel vaya a verse afectado mucho más gravemente en los próximos años.

El IUX no puede ignorar este deterioro de nuestro País y no puede autorizarlo compartiendo un premio de gran relevancia con algunos de los autores del desastre ambiental. El IUX no se opone a la industrialización de Galicia, ni a la minería en Galicia, siempre que estas actividades no lleven a un deterioro permanente y con escasos beneficios para Galicia. Las cuentas de resultados no sólo se hacen con las ventas sino después de haber restaurado los terrenos afectados lo que nunca se ha tenido en cuenta hasta ahora en el caso de la pizarra. Y en cualquier caso es mucho más valioso el patrimonio que se destruye que los beneficios que se obtengan eventualmente con la explotación de las pizarras gallegas.

Por todo ello, nuevamente le repito que el IUX ha decidido no aceptar la distinción que tan amablemente le ha concedido la Cámara Minera de Galicia como una forma de protesta por la destrucción que esta llevando la actividad de las pizarreras en Galicia.

Un saludo cordial.
Juan Ramón Vidal Romaní


================================

Segue o debate da “Lei da Minaría de Galicia”, na comisión de Industria do Parlamento de Galicia, seguramente se devolva ao Pleno para ser aprobado o texto definitivo despois do Nadal :

Clica == Participa e opina ===

Gracias por axudar a salvar o Patrimonio de Galicia !!!

SOS Courel, 4 de novembro de 2007

http://vigo.cidadans.net/Erasmo/2007/12/04/compromiso-cientifico-co-courel/
3 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Saúdamos o nacemento de GALICIAE pero non podemos esquecer que o seu beta tiña unha sección denominada Esfera Libre na que os cidadáns tíñamos a oportunidade de publicar noticias e artigos libres.

    http://www.xeracion.com/nova/3541.html

    As novas editoras deixan cada día menos espazos libres ós cidadáns para expresar a súas inquedanzas ¿por que será?

    Publicado por: MemoriaWeb | 05/12/2007 01:08:07
  • 2. GALICIAE

    http://www.galiciae.com

    Grupo El Progreso.

    Publicado por: MemoriaWeb | 05/12/2007 01:10:55
  • 3. Dende a redacción de Galiciae, graciñas pola benvida.

    Asegúroche que non imos abandonar o espíritu de Esfera Libre. De feito, Galiciae non deixará de estar nun estado primario ata que conte con ese espazo e posibilidades, pero melloradas respecto o que se podía atopar en Xeración.

    Pero do mesmo xeito que Esfera Libre tardou algunhas semanas en estar dispoñible dende a saída de Xeración, agora tamén necesitamos algo de tempo para 'modelalo' como queremos, e que sexa máis intuitivo e aberto.

    Espero que a partir de entón, poidamos seguir a contar coa vosa participación.

    Publicado por: Chexire | 10/12/2007 14:23:46

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados