Castellano Galego

1. Por desgraza, hai moita xente que pensa que a liberdade é algo do que todo o mundo é consciente e que todo o mundo exerce conscientemente. O certo, nembargante, é que hai moitas decisións da nosa vida que non as facemos nesa perfecta e inexistente liberdade no baleiro, senón que se toman porque fomos educados dese xeito, por presión social, por descoñecemento, por ignorancia ou por deixadez.
O caso dos castelánfalantes da Galiza é ese en moitos casos. Realmente verá que a maioría dos que falan castelán non son militantes coma vostede, de igual xeito que a maioría dos que falan galego non son militantes coma min. Sinxelamente falan castelán porque sí, ou porque os educaron así, ou porque a situación llo esixe.
Entón, o que vostede quere tornar nun debate de liberdades tórnase nun debate de contexto social. O galego é desprazado polo castelán porque os roles de referencia e os centros de poder o promoveron e aínda o promoven (é certo que axunta ou as universidades falan galego, alomenos formalmente, pero o empresariado é case na sua totalidade castelánparlante, e quen ten os medios de producción determina as relaccións sociais).
Non se trata, digo, de que quen queira falar castelán non poida. Trátase de que os nenos na Galiza sexan educados en Galego como a sua língua vehicular e principal. Se logo queren falar castelán, eles mesmos.
A decisión do señor Oscar Pereiro, nembargante, é consciente (se leu o texto -- e se non o leu merece ser descalificado igualmente), e sabe o que o texto significa. Dende o intre en que se posiciona de lado do castelán está a facer unha declaración sobre cómo quere ver a sociedade galega do futuro.
E como non é un futuro que eu queira, opóñome a él. E, repito, non se trata de que eu lle impida asina-lo manifesto (iso sí sería coarta-la sua liberdade), senón de que se o fai, eu non teño interese en aprecialo, e polo tanto o repudio.
Ou vai vostede a coarta-la miña liberdade de repudiar a quen non me preste?
2. Repudiar ? Penso que é un mal camiño para deseñar un futuro en paz e liberdade para tódolos galegos e galegas.
Eu pensaría con máis calma as implicacións que ise 'repudio' terá nas novas xeracións de galegos.
É moi fácil crear divisións neste mundo e moito máis complicado deseñar políticas de integración onde ninguén teña que sentirse EXCLUÍDO!
Eu só pido ca política lingüística sexa froito da liberdade los falantes para abrazar unha ou outra lingua para se comunicar cos demáis. Sen IMPOSICIÓNS administrativas (Decreto) que o único que fan é establecer castas / grupos enfrentados.
Alá cada quen coa súa miopía política pero os dereitos dos falantes non poden ser concultados por Decreto (por nobles que sexan os fins que persigan).
Eu non quero vivir nunha Galicia onde os bandos sexan irreconciliables por Decreto!