¿ A quen molesta a Filosofía no Bacharelato ?
venres, 11 de abril de 2008 23:14
CONTRA O DECRETO DO BACHARELATO DE GALICIA
O profesorado de Filosofía reunido en asemblea convocada pola Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI) quere manifestar o seu desacordo co Anteproxecto de Ordenación do Currículo do Bacharelato para Galicia no que atinxe á redución da carga horaria da materia de Filosofía e Cidadanía , de tres a dúas horas semanais, polas seguintes razóns:
Constitúe un dereito irrenunciable do alumnado de Bacharelato dispor dun espazo de reflexión crítica e racional que garde unha relación clara coa tradición filosófica europea.
Declaración de París (UNESCO) a favor da Filosofía, afirma:
… reafirmamos que a educación filosófica, por formar espíritos libres e reflexivos, capaces de resistir ás diversas formas de propaganda, de fanatismo, de exclusión e de intolerancia, contribúe á paz e prepara a cada un para facerse cargo das súas responsabilidades fronte ás grandes cuestións contemporáneas, no dominio da ética especialmente;
Xulgamos que o desenvolvemento da reflexión filosófica, tanto no ensino como na vida cultural, contribúe de xeito importante á formación de cidadáns ao exercitar a súa capacidade de xuízo, elemento fundamental de toda democracia.
¡TEN VALOR DE SERVIRTE DO TEU PROPIO ENTENDEMENTO!
¡ SAPERE AUDE !
nexosfilosofia.org
O servidor demora un minuto en procesar a túa sinatura pero funciona correctamente.
Un minuto polo futuro da FILOSOFIA !
+ ver máis >>