Cadernos de Vigo CadernosCidadánsConcello de VigoEuropaPress.NET

Cadernos de Vigo

Galego | Castellano

Erasmo

As cousas sempre poden ir a peor...!

Con magnolias de Galicia ó Tibet

mércores, 19 de marzo de 2008 0:52
Erasmo: Con magnolias de Galicia ó Tibet

Certo que os Universais lingüísticos son diferentes en cada lingua humana: pero son diferentes por analoxía coa súa significación profunda, é dicir, cada lingua humana ‘concreta’ o universal masculino, feminino, o mar, a terra… de xeitos distintos (en morfemas diferentes) que serven para os humanos entendérense entre eles nunha lingua determinada.

Pero de aí a dicir que non podemos entendernos en varias linguas vai un mundo!

Precisamente porque existe a posibilidade de traducir o concepto universal a moitas linguas diferentes é polo que calquera ser humano pode entenderse con outro grazas á universalidade da linguaxe: viva Babel!

Pero quenes falan de Imperios parecen non ter en conta que hoxe son outros os que pretenden ‘impoñer’ o uso dunha lingua sobre outras que os falantes empregan con total liberdade para se comunicar entre eles.

Non serei eu quen faga da miña lingua unha imposición ‘sionista’ coma fixeron os israelitas de 1948, entre outras razóns porque calquera pode ver os resultados en 60 anos de guerras fratricidas estériles e sen máis futuro para a lingua que manterse por pura imposición do Estado de Israel para acoller ós xudeus da diáspora. Unha lingua non se fala por Decreto, e o seu futuro non é froito de ningunha resolución administrativa.

Se en teoría podemos aceptar que a calquera lingua tribal de Nova Guiné podería traducirse Aristóteles, non é menos certo que para facelo compre un bo coñecedor tanto das linguas de orixe coma das falas de destino: e ese tradutor cicais exista nas teorías filolóxicas pero aínda estamos lonxe de telo na fala deste imaxinario pobo tribal de Nova Guiné…!

A proba do que digo está patente en Galicia cando sindicatos coma a CIG e Mesas de Normalización teñen que denunciar ó Coordinador de Filosofía por publicar textos de Selectividade en castelán pois aínda non se conta con traducións directas ó galego da obra do estaxirita. Certo que se pode traducir, e ata poderíase traducir ben, pero antes de esixilo no xulgado compre facelo!

Nesta terra nosa hai xentes que gustan de poñer o carro diante dos bois… e alcuman de ‘individualidades arcaicas, primitivas e ata cavernícolas’ ós que defendemos a liberdade lingüística no noso país, cando o que deberan, ó meu xuízo, é porse mans á tarefa e traducir todo aquilo que compre traducir para ter unha lingua á altura dos tempos, que non son outros cos da interculturalidade; e para facelo con siso ben podemos empregar o principio da subsidiariedade: cando non temos un texto con garantías de calidade en galego ben podemos botar man da tradución en castelán, sen que isto sexa considerado delito.

Do mesmo xeito podemos afirmar que os catedráticos de Lingua e Literatura Española deberan empregar o español nas súas aulas no canto de chamar ‘cavernícolas’ ós que empregamos a lingua española para transmitir conceptos, cicais aínda escuros, na ferramenta lingüísitica do noso idioma:o galego.

E como este poñer ó día as ferramentas do idioma é un traballo filolóxico de altura, seguramente compriría pagalo como se pagan tódolos traballos neste gran mercado que hoxe temos. Así cando Aristóteles sone tanto en galego coma en castelán (coma debeu sonar no grego orixinal) será o momento de transitar polos poemas de Eliot en galego ou as obras de Shakespeare en inglés.

Pero que non veñan, con trampa, a falar de Glotofaxia os que viviron e ‘comeron das linguas’ en conflito durante máis de medio século: pois cicais teñan algunha factura pendente pola morte das linguas que din defender: con pólvora e magnolias!

Se me desen a escoller eu ben sei que escollería: que fora o arrecendo da magnolia o que leve a miña lingua cara ó futuro e non os ‘dinamiteiros’ da imposición lingüística os que convertan Galicia no Tibet.

Unha lingua non se fala por Decreto!

Erasmo
Amante da súa lingua e da liberdade!

---
Este artigo é réplica doutro escrito por X.L.Méndez Ferrín no suplemento El Sábado 13.03.08 do Faro de Vigo titulado Gloria a Babel!
www.farodevigo.es

http://vigo.cidadans.net/Erasmo/45909
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

Sin Filosofía la escuela se vacía !

xoves, 28 de febreiro de 2008 1:34
Erasmo: Sin Filosofía la escuela se vacía !

MANIFIESTO EN DEFENSA DE LA FILOSOFÍA Y ENSEÑANZA PÚBLICA!

Se agradecen las adhesiones y la Difusión del Manifesto.

Podeis firmar con toda confianza...!!!

plataformafilosofia.blogspot.com


Miguel Brieva (Sevilla 1974) diseñador del Cartel, en una reciente entrevista el dibujante sevillano describía el modo en que la FILOSOFIA ha influido en su obra creativa y en su actitud crítica:

...Aquellas maneras de explicar la realidad que de siempre me han despertado la curiosidad y la empatía más inmediata han sido justamente las que rebaten ese relativismo corrosivo, las que contemplan la necesaria consideración de la verdad, las que apelan a un nuevo esfuerzo de la razón por reformularse y reclaman, una vez más, la urgencia de la utopía....

Leer más:
plataformafilosofia.blogspot.com

http://vigo.cidadans.net/Erasmo/44402
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

Cruzada contra a Imposición Lingüística !

venres, 22 de febreiro de 2008 22:57
Erasmo: Cruzada contra a Imposición Lingüística !

Cicais sexa pouco afortunado o termo empregado pola presidenta de GB para arengar ós participantes no acto a seguir recollendo sinaturas a prol da Liberdade Lingüística en Galiza… pero ante a realidade lingüística que estamos a vivir nos últimos meses compre tomar distancias daqueles que pensan seguir o camiño da ‘inmersión lingüística’ especialmente nas cidades nas que –como todos ben sabemos- o uso do galego é, cando menos, moi minoritario entre os xoves.

Non parece de recibo que mentres algúns denunciamos que unha lingua NON SE FALA POR DECRETO outros estades empeñados nunha ‘cruzada galego-institucional’ que convirte ós que falamos castelán en pouco menos que traidores á patria e á terra…!

Estas noticias non deberan pasar de anécdotas pero algúns estades a facer delas unha categoría perigosa para o futuro da lingua e cultura galegas. Son moitos os foros nos que se tilda de ‘fascistas’ ós que defendemos a Liberdade Lingüística, as rapazas que interrumpiron a conferencia de GB berraban ‘o bilingüísmo é españolismo!’… e certamente que o é… pois vivimos no Reino de España (Estado Español para outros) e polo tanto a afirmación dos defensores da imposición lingüística non dí nada que non sepamos: galegos, vascos, cataláns, canarios… somos todos españois falemos o que falemos, vivamos coma galegos ou vivamos coma asturianos….!

Porén aqueles que fan da lingua unha ‘cruzada nacional’ xa que ó parecer non teñen outro xeito de amosar a súa galeguidade e amor por esta terra máis que seguir cal papanatas as directivas dos filólogos de turno en sucesivas e pouco afortunadas reformas ortográficas que veñen a separar ós galegos e galegas en escolas e tendencías máis que a recuperar o idioma común… (de aí as risas sobre a lusofonía…) son os que ó parecer están máis doídos coas iniciativas que preconizan a liberdade dos falantes para expresarse na lingua que lles próa…!

Sentidiño, pouco pero que dure… é o meu consello ós que tan alporizados estades ó regreso das viaxes institucionais á unha Cuba post-revolucionaria subvencionados pola Conselleira de Cultura grazas ós impostos de tódolos galegos e galegas falen a lingua que falen… (pois ó parecer para recoller cartos non hai que pedir o Celga…)

Esta terra sempre foi bilingüe (cando non diglósica) e non vai ser grazas ós decretos que mude a situación da fala real das xentes que a formamos… se estivesedes en Santiago o pasado domingo escoitaríades un berro sabio: ‘Goberne quen goberne: Galiza non se vende!’ Nesto discrepo das palabras pronunciadas por Gloria Lago –presidenta de GB- cando xuntaba irónicamente a Vicente Risco con Manolo Rivas para dicir que tiñan un certo toque Greenpeace…

Tomo aquí prestadas as verbas de Rivas cando afirma o seguinte: “se hai algunha prioridade lingüística, é a da defensa da natureza, das xentes e as cousas que esta lingua nomea. A sorte da lingua galega radica nesa imbricación ecolóxica coa sorte da terra. (O porco, o estranxeiro, e a heterodoxia necesaria. Publicado o 23.02.2007 en El País).

Confío en que a cita non o convirta en sospeitoso de rebeldía contra as imposicións filolóxico-lingüísticas ás que tan afeitos están os nosos políticos nestas horas escuras.

Somos moitos, somos miles, somos centos de miles os galegos que falamos cando nos peta e onde nos parece ben facelo na lingua que nos sae de dentro e dicimos moitas cousas, berramos alto e claro que goberne quen goberne: este pobo non se vende!

Permitídeme citar a outro galego ilustre, Isaac Díaz Pardo, nestes tempos aldraxado i esquecido polos que din ter as claves do futuro para esta terra (que o demo os confunda!) cando falaba fai meses sobre o futuro da lingua: senon facemos algo por Galicia o galego vaise ver reducido a unha ‘lingua litúrxica’ que empregarán os que viven dela… referíase daquela ós políticos do Pazo do Hórreo…!

Nunha palabra, as imposicións lingüísticas nunca foron cousa boa… e en nome da lingua que todos dicimos amar e querer conservar para ó futuro, sería máis sensato repartir entre tódolos galegos e galegas os 50 millóns de €uros do Plano de Lectura. Sen ir máis lonxe, entre os profesionais do ensino que deberan ver recompensado tamén o seu traballo a prol da lingua galega cando os demáis sectores están sendo ‘armados’ para esta ‘cruzada’ de imposición lingüística que a algúns parécevos a cousa máis normal do mundo.

O Decreto de Normalización do Ensino debera contar cos profesionais docentes se quere rescatar a dignidade no uso do galego.

Erasmo
Amante da súa lingua e da Liberdade!

http://vigo.cidadans.net/Erasmo/43980
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

Cea solidaria SOS Courel - Vigo

xoves, 21 de febreiro de 2008 23:52
Erasmo: Cea solidaria SOS Courel - Vigo

Sábado 23 Febreiro. 21 horas.

"Cea solidaria SOS Courel"
e Documental "Unha lousa sobre o Courel"

No Centro Social A FAÍSCA
Rúa Toledo 9. O Calvario.
Tfno: 986. 493. 381


Goberne quen goberne, Galiza NON se vende!!!

http://vigo.cidadans.net/Erasmo/43920
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario
+ ver máis >>
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados