Castellano Galego Desde un tempo atrás levo pensando miúdo que os nosos políticos viven fora de Vigo. Ë imposible que non se decaten de moitas cousas si de verdade vivisen en ela. Como senón non deparar nesas losetas rotas ou soltas que abundan en tanta rúas, como non ver eses farois cheos de óxido ou sen a tapa e cos cables eléctricos a man de que calquera cativo poida accidentalmente tocar, como non sonroxarse o ver tantas casas ou edificios que ameazan ruína e non facer nada, tanto bache nas estradas, tanto... O primeiro que debería facer nosa alcaldesa e regalarlles a tódolos membros da corporación unha libretiña e un bolígrafo e pedirlles que anoten tódolos desperfectos que vexan nas rúas e dar o seu compromiso de dar conta ao departamento correspondente para seu arranxo. Pero dado que nosos políticos viven fora de Vigo esta iniciativa non ten sentido, ¿ ou si ?. Por certo que o da libretiña pódese aplicar a tódolos cargos institucionais da nosa cidade como por exemplo o Sr. Delfín Fernández, López Peña, Abel Caballero, etc. Se imaxinan o Sr. Abel Caballero anotar na súa libretiña onde esta o lixo que emporca o noso porto dando conta de elo para unha rápida limpeza do mesmo. Pero o dito, nosos políticos fican lonxe de Vigo.