Castellano Galego
Acabo de ver no periódico La Voz de Galicia que os mariscadores de Noia e de Arousa están sufrindo fortes perdas nas recollidas dos seus bancos.
O certo é que ten que haber unha solución pronta para este tema, é moi triste ver cómo o mar, que pode dar tanta fortuna a nosa xente, por causas posiblemente evitables non se poidan remediar.
Neste caso, parece que a causa foron (segundo este xornal) das riadas e a apertura dos embalses.
Unha bágoa
Por unha mellora xa.
Son un mariñeiro heredado. O meu avó e o meu pai foron mariñeiros e eu, agora, intento compaxinar os estudos e esta profesión tan pouco considera.
A partir de hoxe, pretendo facer neste caderno unha homenaxe a tódolos mariñeiros que saen a mar día a día para gañarse o seu pan.
Tratarei de poñer anécdotas do que me vaia pasando cada día que saía ó mar.
Espero que sexan amenas.