Vigo Castellano  Galego  

VIGUESES

Para os que creemos nun Vigo millor

IMOS APOIAR OS ACTOS DA SEMANA SANTA VIGUESA

12/04/2006

Estamos nunha desas semanas nas que os galegos obviamos as nosas inquedanzas e aproveitamos para procurar o lecer.
É un auténtico motivo para felicitar o noso Concello o apoio prestado no relanzamento das nosas tradicionais procesións do Xoves e o Venres Santo, e así os no ten dito os propios organizadores quenes sinalaron que o apoio é máximo. Pero tamén temos que enchernos de ledicia co feito de que existan viguesas e vigueses preocupados pola recuperación da memoria das nosas tradicións tan esquecidas nos últimos anos, e que estaban a precisar do apoio das institucións.
Pero agora tócanos a nos, os cidadáns, temos que saír as rúas os vindeiros xoves e venres e encher as beirarrúas, temos que comezar a facer cidade, que así tamén se fai, e pensar no potencial que ten para a visita dos turistas o apoio dos de casa. Saiamos a dar as grazas os organizadores da Semana Santa viguesa, e disfrutemos con ledicia da mesma.

http://vigo.cidadans.net/VIGUESES/2006/04/12/imos-apoiar-os-actos-da-semana-santa-viguesa/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. As festas do Carme, por por un exemplo, son tradicionais da nosa cidade, mariñeira e galega. E teñen a súa manifestación característica.

    A semana santa NON é tradicional. É un invento recente, sen que aquí houber unha tradición e unha manifestación características dese acto relixioso propio de toda comunidade católica.

    E iso de que van vir turistas a Vigo pola semana santa... Quen quere semana santa vai principalmente a Andalucía.
    En Galicia son destacábeis a de Ferrol e a de Viveiro, mais a de Vigo non ten interese de ningún tipo a parte de relixioso para quen teña fe.

    Hai moitas cousas que promocionar en Vigo mais non parece que a Páscoa sexa unha.

    Publicado por: Cozorello da Ría | 17/04/2006 12:31:36

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados