Vigo Castellano  Galego  

Cadernos Cidadáns

Reflexións do día a día deste foro

Novas prestacións nos cadernos

01/07/2006

Os editores destos cadernos cidadáns teñen disponibles novas prestacións para a xestión do sistema de comentarios asociados a cada anotación. Concretamente, despois de publicar un artigo poderán decidir se desexan ou non recibir comentarios asociados ó mesmo e, en caso de que admitan comentarios, poderán escoller si só desexan comentarios dos usuarios rexistrados ou ben de calquera visitante.

Deste xeito, o motor 'Cadernos Cidadáns' incorpora estándares na xestións de blogs e permite que o autor de cada cadernos decida, en cada caso, o nivel de interacción que quere en cada un dos seus artigos, incluindo os xa publicados.

Vigo é unha das comunidades virtuais que en termos de audiencia e participación se sitúa entre as máis participativas da campaña Un blog para cada cidadán (www.cuadernosciudadanos.net) que se está a levar a cabo dende o pasado mes de maio en 50 municipios españois

O equipo de 'Cadernos Cidadáns' aproveita esta ocasión para enviar un cordial saúdo a tódolos participantes de Vigo.

http://vigo.cidadans.net/cadernoscidadans/2006/07/01/novas-prestacions-nos-cadernos/
5 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Como funcionan eses posts que aparecen de blogs que non son dos cadernos e que entran coa hora adiantada en dez horas?.

    Cólansevos os piratas?, sodes uns trapalleiros?.

    Publicado por: Neno | 11/07/2006 12:51:56
  • 2. Estimado usuario:
    Estamos probando a nova ferramenta de agregación de blogs de forma que se podan incorporar o maior número de bicátoras que se escriben sobre Vigo.
    En canto ó que nos dis da hora o certo é que Cadernos Cidadáns non ten nada que ver con iso, a hora está posta así polo autor deste blog na súa propia plataforma.
    Saúdos

    Publicado por: Eva | 11/07/2006 18:12:52
  • 3. Vaia, que sodes uns trapalleiros.

    Publicado por: Neno | 13/07/2006 13:38:05
  • 4. Ke tal Eva de vacacións... ou apagando o lumer...?

    Salvo erro pola miña banda reporto un problemilla...

    www.ardegaliza.info
    (rectificar a extension INFO)

    Publicado por: Erasmo | 12/08/2006 11:14:23
  • 5. Bueno se Mahoma non vai á montaña...

    Tal e como apunta Neno hai agora moitos blogs en Cadernos Cidadáns que SON BLOGGER sobre todo...

    A mín paréceme ben que se podan engadir outras plataformas a esta INCIATIVA CIDADÁN... pero comparativamente ofrecen mellores prestacións ca estes Cadernos (así que a competencia é algo inxusta para os que escribimos aquí...)

    Por exemplo en Blogger permitese visualizar á marxe os TÍTULOS EDITADOS NO BLOG sen ter que percorrelo enteiro coma sucede aquí...

    E segundo punto en Blogger podense engadir tamén á marxe outros Blogs ou Cadernos afíns ó autor do propio blog... permitindo así unha certa cortesía á vez que facilita a RELACION entre os usuarios e fai públicos certos intereses dos que escribimos neles...

    Estas cuestións deberan ser TRATADAS con urxencia por CadernosCidadáns se queredes seguir adiante co proxecto con certo éxito...

    Unha última cuestión algo sorprendente é ver como figuran como Blogs Destacados os de outras plataformas... esto non deixa de ser algo extraño..?

    Está ben que haxa democracia pero cicais non é un procedemento moi xusto?

    Aínda non fixechedes públicos os CRITERIOS que seguides á hora de destacar Blogs na Portada... serí de agrader coñecer cales son estes criterios e potenciar os Blogs dos que somos fieis a esta plataforma (polo menos distinguir entre uns e outros á hora de destacalos...)

    Por hoxe nada máis... supoño que sigues de vacacións e agardo que en breve teñamos algunha resposta a estas cuestións... e podamos volver charlar contigo como ó inicio deste proxecto...!

    Saúdos...

    Publicado por: Erasmo | 30/08/2006 00:40:54

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados