Castellano Galego

1. Moi ben as estatísticas son sempre unha mostra da actividade dunha web pero cantas destas visitas chegaron a comunicar algo dentro dos Cadernos Cidadáns?
E cantos dos Cadernos visitados foron redirixidos a outros Blogs fora desta plataforma cidadán?
E o máis importante: non era este o lugar onde a PARTICIPACIÓN CIDADÁ ia facerse efectiva? Onde están os responsables políticos deste Concello e onde están as súas intervencións nestes Cadernos? Ou é que eles non son cidadáns? A clase política segue de costas ós intereses dos cidadáns?
Sigo pedindo WIFI gratuíto para tódolos vigueses...!
2. Insisto por enésima vez que nestes Cadernos todo dios aproveita para redirixir ó seu Blog noutras plataformas.
Algúns incluso gañan cartos coa publicidade pop up... e despois se queixan algúns de que o Blogomillo anda doente...
A verdade é que cada día que pasa teño máis ganas de abandonar o mundo Virtual!