Castellano Galego
A campaña 'Un blog para cada cidadán', promovida en toda España pola axencia Europa Press.net para favorecer a creación de contidos dixitais de natureza local e crear novas canles de participación cidadá no ámbito municipal cumpriu o seu primer ano de actividade, cun balance de 3.077 novos 'blogs cidadáns', tras a súa presentación en 103 municipios de 36 provincias, illas e cidades autónomas.
Dende a inauguración da campaña, que tivo lugar en Vigo en abril de 2006, máis dun centenar de municipios adheríronse á mesma para difundir o fenómeno 'blog' entre os veciños e colectivos de cada localidade co obxectivo de fornecer á cidadanía de novas posibilidades de comunicación e participación. Cada vila e cidade participante dotouse dunha plataforma local de 'Cadernos Cidadáns' (www.cuadernosciudadanos.net) a partir da suma das bitácoras previamente existentes vinculadas a cada municipio e da xeración de novos 'blogs' a través de talleres de iniciación dixital e campañas de difusión de ámbito local.
Durante estes 12 meses publicáronse 11.046 artigos e 6.034 fotografías no conxunto dos 3.077 blogs cidadáns creados a raíz da campaña, aos que cómpre engadir outros 6.721 artigos e fotografías provintes de blogs externos agregados ás respectivas plataformas locais. En termos de audiencia, o conxunto das blogosferas locais asociadas á campaña chegaron, durante o pasado mes de marzo, a un total de 42.774 usuarios únicos, que efectuaron en conxunto 82.751 visitas e acumularon 718.090 páxinas vistas no transcurso do devandito mes.
Entre as blogosferas locais máis activas salienta o municipio de Portugalete (Vizcaya), www.portugalete.hiritarrok.net, que acumula por el mesmo 1.421 artigos e 959 fotografías publicadas nos 225 Cadernos Cidadáns creados polos veciños da localidade e unha audiencia de 3.718 usuarios únicos mensuais en marzo de 2007; síguelle a provincia de Cádiz, www.cadiz.cuadernosciudanos.net, con 681 artigos e 349 fotografías e unha audiencia mensual de 2.334 usuarios únicos; o municipio coruñés de Arteixo, www.arteixo.cidadans.net, con 638 artigos e 212 fotos e un público efectivo de 2.066 persoas; a cidade de Oviedo, con 586 textos e 407 imáxes publicadas e unha audiencia mensual de 2.395 usuarios únicos; e pecha o quinteto máis activo outra cidade asturiana: Avilés, con 580 artigos publicados, 422 fotografías e unha audiencia mensual de 2.763 persoas.
A continuación reprodúcese o ránking cos 20 municipios máis activos até abril de 2007:
Posto Cidade Post
1 Portugalete1421
2 Cádiz 681
3 Arteixo 638
4 Oviedo 586
5 Avilés 580
6 Madrid 547
7 Tomelloso511
8 Montoro 393
9 Alacant 262
10 Vigo 259
11 Barcelona257
12 Carreño 256
13 Lugo 250
14 Briviesca236
15 Arroyo 227
16 Gijón 216
17 Leganés 203
18 Coslada 193
19 Sopelana176
20 Daimiel 172
1. Viva Portugalete Libre... jajaja
Será que o famoso edil de participación cidadá, ese que censura ós internautas, conseguiu o milagre?
Se é así teremos que extraer consecuencias contradictorias:
Canta menos PARTICIPACIÓN REAL existe nos Concellos... maior é a actividade virtual rexistrada polo proxecto EuropaPress?
Conclusión este é un proxecto que amais de permitirnos certo desafogo na rede... oculta UNHA REALIDADE moi perigosa: manter unha apariencia de 'participación' cando na realidade estamos perdendo PESO DEMOCRÁTICO a mans cheas...!
10 Vigo 259 Post
11 Barcelona 257 Post
Este dato é verdadeiramente PREOCUPANTE!
Manteño a miña tese inicial: cando os políticos locais PARTICIPEN nestes blogs dun xeito real i efectivo... estas estatísticas serían totalmente distintas...
Felicidades a todos os que estamos enredados neste mundo virtual, algo sempre é mellor ca nada...!
Un dato que se me escapa é o dato económico:
¿CANTOS EUROS NOS COSTA ESTA REDE DE CADERNOS CIDADÁNS?
¿Quenes pagamos este proxecto?
¿Polo menos este proxecto xera postos de traballo estables? ¿Cantos?...
Estes tamén son datos de interese para os internautas.
Gracias