¿Canta xente le estes cadernos?
03/08/2007
Segundo se pode apreciar no gráfico adxunto durante o mes de xullo os Cadernos Cidadáns de Vigo recibiron 526 visitantes distintos que fixeron 866 visitas e consultaron máis de 3.500 páxinas nesta plataforma.
Dende o inicio da campaña "un blog para cada cidadán" en Vigo, en xullo do 2.006, o número de visitas total ascende a 22.516 e a cantidade de visitantes distintos elévase a 9.712.