a pluma é máis poderosa que a espada

Diferentes expertos debaterán en Santiago sobre as cuestións globais que afectan aos bitácoras e aos movementos sociais na rede (www.europapress.es)
A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará a vindeira semana, concretamente o 19 de abril, o "EnBlogs'06: Encontro de blogs de Galicia e Portugal", no que os participantes reflexionarán sobre os grandes e pequenos temas que rodean a creación de bitácoras
Segundo informou hoxe o CCG, este encontro quere servir para propiciar que os membros da comunidade blogueira galega e portuguesa e todos os interesados nos novos fenómenos de comunicación en Internet poidan debatir, reflexionar e intercambiar coñecementos sobre cuestións como a tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas a través dos blogs.
A Sección de Comunicación, que analiza dende hai máis dunha década os cambios producidos na comunicación e na sociedade pola irrupción das novas tecnoloxías, xustifica este encontro porque "non podía ser allea ao fenómeno dos blogs: diarios persoais na web e o formato emerxente máis coñecido deste novo movemento".
Na actualidade, cóntanse por centos o número de blogs activos en Galicia e Portugal que, en moitos casos, comparten e intercambian ideas e contidos. Este fenómeno forma parte da tendencia que nos últimos anos levou a Internet a gañar unha importante dimensión social. Ferramentas accesibles e unha maior facilidade no acceso á informática facilitan a proliferación de novas voces que enriquecen a cultura, multiplican a presenza da lingua galega na rede e abren novos camiños para a comunicación, a creación e o intercambio de ideas.
PONENTES
Para dar conta desta tendencia, o EnBlogs'06 está pensado como unha xuntanza dun día de duración. Pola mañá, diferentes expertos debaterán sobre as cuestións globais que afectan aos blogs e aos movementos sociais na rede. Marcus Fernández (codigocero.com) falará sobre o futuro dos blogs e as últimas tendencias tecnolóxicas asociadas a esta ferramenta; Fernando Garrido (Observatorio da Cibersociedade) describirá como medra a sociedade blog e Víctor Salgado (Avogado, Pintos & Salgado Asociados, A Coruña) e Javier de la Cueva (Avogado, Barcelona) analizarán os dereitos de autor e marco legal en Internet.
Pola súa banda, Silvia Canabal (Grupo de Novos Medios da USC) e Manuel Pinto (Universidade de Braga) exporán a demografía blog en Galicia e Portugal e Amador Loureiro (dorfun.bitacoras.com) a sindicación de contidos.
Pola tarde, dez blogueiros contarán en primeira persoa as súas experiencias de creación. Como nas propias bitácoras, todas as intervencións serán puntos de partida para unha conversa aberta a quen desexe participar desde o público.
A primeira mesa será sobre "A creatividade dixital asociada ás bitácoras" e seguiralles outra mesa sobre "A diversidade das historias". Posteriormente, Manuel L. Pan, da empresa Abertal, presentará Blogoteca, o primeiro sistema de blogs en galego. Por último, Juan Varela (periodistas21.blogspot.com) falará sobre "Xornalismo de cidadáns, un novo desafío para o xornalismo de calidade".
Para rematar, o encontro de blogueiros trasladarase entón ao Casino de Santiago, onde baixo o título "Beers & Blogs" terá lugar un encontro informal e aberto a calquera que queira compartir experiencias cibernéticas.
INSCRICIÓN ABERTA
A inscrición ao EnBlogs 2006 é gratuíta e realízase a través do blog oficial do encontro (consellodacultura.org/enblogs). Durante a semana previa, este blog irá presentando aos convidados e recollerá cuestións para que sexan debatidas durante o encontro. O día 19 e nos días seguintes, a bitácora recollerá as intervencións, os documentos e os debates que se produzan.
O encontro está organizado por Xosé López, coordinador da Sección de Comunicación do CCG; Rosa Aneiros (Sección de Comunicación) e Manuel Gago (director de culturagalega.org), ademais de contar con outros persoeiros como intergrantes do Comité Científico. EnBlogs'06 entróncase coa celebración do VII Congreso Internacional da Comunicación Lusófona en Compostela (LUSOCOM), un evento de grandes dimensións que reunirá a profesionais e investigadores dos diferentes ámbitos da comunicación lusófona no mundo a partir do día 20 de abril de 2006.
(Qué pensades?)
El presidente del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, manifestó hoy un "respeto máximo" a las críticas expresadas por el obispo de Ourense, Luis Quinteiro, acerca de la boda celebrada este fin de semana entre un edil del PP en la ciudad de As Burgas y su novio, aunque también pidió que no se "politizase" el enlace.
Núñez Feijóo no entró a valorar el comunicado enviado por el obispo a los medios, en el que afirmaba que el enlace entre ambos hombres "conmocionó" a la sociedad y "entristeció" a los católicos, pero explicó que Luis Quinteiro, a quien conoce personalmente, "dijo lo que cree que tiene que decir".
El presidente de los populares gallegos elogió la labor pastoral del obispo y reiteró la necesidad de respetar su opinión, al tiempo que pidió el mismo respeto por la decisión que adoptaron los contrayentes cuando decidieron "regular su situación afectiva".
Alberto Núñez Feijóo recordó que una boda "no es un tema político, sino privado", al tiempo que insistió en que "no se deben politizar las relaciones personales". Asimismo, el líder del PP gallego aseguró que no hará política con las "decisiones íntimas" de los militantes y cargos del partido.
Una sentencia judicial declara improcedente el despido de una periodista viguesa (leido en www.europapress.es)
Una sentencia judicial ha declarado improcedente el despido de una periodista que trabajaba para una publicación de Vigo. El Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), que amparaba a la empleada, destacó el "éxito judicial" del veredicto, que obliga a la empresa propietaria de la revista a readmitir a la periodista o indemnizarla con 3.321 euros y compensarla por los salarios que dejó de percibir desde la fecha de su despido.
La magistrada del Juzgado de lo Social número cuatro de Vigo recoge en su sentencia que la conducta de la trabajadora "no constituye un despido procedente", sino que su negativa a acatar órdenes de la empresa se debe "a una divergencia de opiniones que resta gravedad a la conducta".
En un comunicado, el Sindicato de Xornalistas de Galicia calificó la sentencia como su "segundo éxito judicial", tras su constitución el pasado mes de febrero. El colectivo animó a los profesionales de la comunicación a "denunciar las irregularidades y los abusos" que sufran en sus respectivas empresas para "evitar que en el futuro se sigan repitiendo".
(leido en www.europapress.net)
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) presentará hoxe martes, na delegación que o Colexio ten en Ourense, unha aplicación informática que simplifica o traballo de redacción das memorias dos proxectos arquitectónicos garantindo a calidade do seu contido. O programa entregarase a todos os colexiados galegos e presentarase nos próximos días nas distintas delegacións que o COAG ten en Galicia.
Este programa informático é froito do traballo de máis de dous anos realizado pola Comisión de Asesoramento Tecnolóxico do COAG. O programa cubre automaticamente todos os documentos que integran a memoria do proxecto así como os necesarios para a tramitación da licencia municipal, evitando incongruencias ou duplicidades e garantindo a súa integridade.
A primeira versión do programa é de aplicación só para vivendas unifamiliares, pero en breve aplicarase a outras tipoloxías. Todos os arquitectos que estén colexiados poderán dispór deste programa gratuitamente. O desenvolvemento desta aplicación informática enmárcase nas actividades que organiza o COAG co fin de mellorar a calidade dos servizos que prestan os arquitectos á sociedade e, como consecuencia, á mellora da calidade da edificación e do entorno.
Está previsto que o programa se adapte ao profundo cambio normativo que suporá a entrada en vigor do Código Técnico de Edificación e que traerá un gran avance nos estándares de calidade e aforro enerxético da edificación en España
(Leído en www.europapress.es/europa2003/noticias.aspx?tabID=1&ch=222 )
Un grupo multidisplicinar y transversal de la Planta de Vigo de PSA Peugeot Citroën desarrolla un nuevo proyecto de investigación para comprobar de formar rápida y eficaz la unión de las piezas del automóvil en el sistema de producción.
El método aprovecha las ventajas de las nuevas tecnologías a través de técnicas de visión artificial, en el prototipo en el que conviven una cámara láser y un programa informático para el análisis de los datos.
El departamento de I+D del centro asegura que se trata de un sistema rápido y con capacidad para inspeccionar la totalidad de las piezas producidas y añaden que con su aplicación obtendrán un mayor grado de calidad y de eficiencia de los procesos, además de mejoras ergonómicas en los puestos de trabajo.
Los primeros resultados definitivos estarán listos antes de septiembre de este año y podrán emplearse no sólo por el sector de la automoción, sino también por la industria del metal-mecánica y la naval, entre otras, puesto que la técnica está especialmente indicada para cordones continuos de soldadura.
La iniciativa, además, cuenta con el apoyo económico del Plan Galego de I+D+i de la Consellería de Innovación, a través del programa de Tecnologías de Diseño y Producción Industrial.
(unha interesante iniciativa)
Membros de todo o estamento xurídico compoñen o novo órgano, que redactará un informe anual que recollerá as conculcacións legais
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Abr. (EUROPA PRESS) -
A Mesa pola Normalización Lingüística (Mesa) presentou hoxe en Santiago o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, organismo que nace para denuncia-la "dramática" situación xurídica dos galegofalantes e para avalia-la política de subvencións da Xunta.
En declaracións a Europa Press, a coordenadora do novo órgano, Elsa Quintas, explicou que o observatorio ponse en marcha pola "necesidade imperiosa" de canaliza-las denuncias de conculcacións dos dereitos lingüísticos que se cometen no ámbito xurídico.
Ademais, Quintas sinalou a importancia de que se teñan comprometido co organismo membros de tódolos estamentos da avogacía, como xuíces, procuradores, profesores de Dereito ou avogados. Así mesmo, tamén persoeiros do campo da filoloxía galega estarán presentes no observatorio.
Por outra parte, a recén nomeada coordenadora anunciou que o novo órgano da Mesa dictará anualmente un informe no que se van recoller "tódalas conculcacións" que sufran os falantes do galego, que, segundo Quintas, "a miúdo ven vulnerados" os seus dereitos na práctica de actividades normais na vida cotiá.
NON SE APLICA A LEI
Neste senso, Quintas explicou que a lexislación vela polos dereitos dos cidadáns, pero denunciou que "non sempre se aplica". Ademais, engadiu que os galegofalantes vense "sancionados" pola súa condición lingüística, xa que tódolos documentos oficiais --testamentos, textos das notarías, etc.-- están en galego, pero facer uso deles no idioma autóctono comporta a cotío retrasos na súa tramitación.
Nese liña, a coordenadora criticou a "deixadez" de moitas notarías, que poden dispoñer dos documentos en galego pero "non o fan". Por isto, Quintas lembrou á administración que debe aplica-las medidas pertinentes para "evitar" que se produzan estas "conculcacións"
saudos,
o xornalista
Esta mañá estiven no concello de vigo nunha rolda de prensa onde me presentaron esta plataforma de blogs. Coma me convidaron a crear o meu propio caderno aquí estou agora escribindo. Lector, anímate ti tamén!