Vigo Castellano  Galego  

CADERNO DUN XORNALISTA

a pluma é máis poderosa que a espada

Os arquitectos galegos crean unha aplicación informática que simplifica a redacción das memorias dos proyectos arquitectónicos

06/04/2006

(leido en www.europapress.net)

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) presentará hoxe martes, na delegación que o Colexio ten en Ourense, unha aplicación informática que simplifica o traballo de redacción das memorias dos proxectos arquitectónicos garantindo a calidade do seu contido. O programa entregarase a todos os colexiados galegos e presentarase nos próximos días nas distintas delegacións que o COAG ten en Galicia.


Este programa informático é froito do traballo de máis de dous anos realizado pola Comisión de Asesoramento Tecnolóxico do COAG. O programa cubre automaticamente todos os documentos que integran a memoria do proxecto así como os necesarios para a tramitación da licencia municipal, evitando incongruencias ou duplicidades e garantindo a súa integridade.


A primeira versión do programa é de aplicación só para vivendas unifamiliares, pero en breve aplicarase a outras tipoloxías. Todos os arquitectos que estén colexiados poderán dispór deste programa gratuitamente. O desenvolvemento desta aplicación informática enmárcase nas actividades que organiza o COAG co fin de mellorar a calidade dos servizos que prestan os arquitectos á sociedade e, como consecuencia, á mellora da calidade da edificación e do entorno.


Está previsto que o programa se adapte ao profundo cambio normativo que suporá a entrada en vigor do Código Técnico de Edificación e que traerá un gran avance nos estándares de calidade e aforro enerxético da edificación en España

http://vigo.cidadans.net/cuadernodeunperiodista/2006/04/06/os-arquitectos-galegos-crean-unha-aplicacion-infor/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Iso xa existe por iniciativa doutros colexios de arquitectos....

    Publicado por: Luis | 06/04/2006 16:11:54

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados