Tumbonas e hamacas
07/07/2006
Escribo este texto con tristeza, xa que non podo esquencerme do triste accidente que lle costou a vida a Carlos Pérez (xogador do celta) (http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=4&Itemid=7&idMenu=44&idNoticia=62637) pero o certo é que, con vistas ou non, hai que seguir para adiante.
E o que temos diante é xa o verancillo. Xa estou deseando que chegue o mes de agosto e poder tumbarme nesa tumbona que me regalaron.
Porque eu sí, eu sonche máis de tumbonas que de hamacas. Sempre me gustou ter os pés pegadiños a terra. Non vaia a ser que co vaivén da brisa me de un mareo e non de chegado ó chan.
Nunca lle atopei a gracia ás hamacas, como aquela que disfruta Homer Simpson (ja! que me creo eu que aguantara co seu peso!).
Ademáis da distancia coa terra, as hamacas teñen outro problema: A posición fixa. Un séntase na hamaca e ahí queda! inmóbil, porque como se mova pode liarse na tela e non darse volto.
Eu xa digo, as cousiñas ben seguriñas!!!
Malentendidos
05/07/2006
Cada día vívese un episodio da nosa vida. O que me aconteceu fai escasamente uns días ahí está formando parte do meu capítulo de hoxe.
O certo é que non consigo comprender cómo as persoas temos sempre -nos momentos confusos- sempre unha desconfianza antes que uns votos de confianza.
O outro día estaba no meu traballo cando, de pronto, o meu compañeiro de enfrete fixo un comentario sen ningún tipo de malicia sobre o tempo.
A rareza comenzou cando ó oir iso, o meu compañeiro da esquerda se levantou e empezou a profanar cousas que mellor xa enquenzo en contra do comentario do primeiro.
Xa se poden imaxinar cómo termina unha discusión entre dos hombres: coas mans.
A pesar de que o primeiro tratou de fuxir (na procura dun socorrido pitillo) o outro votouselle enribe das costas e comenzou a darlle puñetazos.
Hoxe o meu compañeiro primeiro segue no hospital curando as súas magulladuras e o outro tamén está ingresado. O parecer foi un brote de esquizofrenia...
Se houbese un pouco máis de compresión un daríase conta de que, canto de intenta, falando entendese a xente. Sobre todo cando non hai malicia...