Vigo Castellano  Galego  

Un disparate

Viva a vida

Tumbonas e hamacas

07/07/2006

Escribo este texto con tristeza, xa que non podo esquencerme do triste accidente que lle costou a vida a Carlos Pérez (xogador do celta) (http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=4&Itemid=7&idMenu=44&idNoticia=62637) pero o certo é que, con vistas ou non, hai que seguir para adiante.
E o que temos diante é xa o verancillo. Xa estou deseando que chegue o mes de agosto e poder tumbarme nesa tumbona que me regalaron.
Porque eu sí, eu sonche máis de tumbonas que de hamacas. Sempre me gustou ter os pés pegadiños a terra. Non vaia a ser que co vaivén da brisa me de un mareo e non de chegado ó chan.
Nunca lle atopei a gracia ás hamacas, como aquela que disfruta Homer Simpson (ja! que me creo eu que aguantara co seu peso!).
Ademáis da distancia coa terra, as hamacas teñen outro problema: A posición fixa. Un séntase na hamaca e ahí queda! inmóbil, porque como se mova pode liarse na tela e non darse volto.
Eu xa digo, as cousiñas ben seguriñas!!!

http://vigo.cidadans.net/delfin/2006/07/07/tumbonas-e-hamacas/
2 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Teño que dicir que eu son de hamaca, e iso que peso mais de 120 Kg, de modo que podo asegurar que Homer non é do peor que un par de arbores teña soportado.
    A hamaca permite xogar e mesmo acomodarse nunha posición moito mais natural (sempre que estea ben feita) que a tumbona, que nos limita a tumbarnos coma se estivesemos nunha grella a torrar o sol.
    Ademais a hamaca axudou moito a civilización. Dende que Colón a trouxo das "indias" os mariñeiros puideron durmir lonxe da cuberta pola que corría a agua das olas e permitiu toda unha época de descubrimentos, cartografiando a terra enteira ... claro que tamén axudou as grandes guerras navales e a creación dos imperios coloniais.

    En definitiva: un compañeiro cunha historia moito mellor que esa estructura de paus que nin sequera se pode gardar nunha mochila para levar canda un.

    Publicado por: edoarado | 08/07/2006 10:58:26
  • 2. Bueno, vendo así... pero a min dame moito medo caer dela abaixo.

    Publicado por: delfin | 09/07/2006 17:36:58

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados