Castellano Galego
Cada dia que pasa a miña opinión dos periodistas empeora un pouco mais.
Este mediodia a cabeza visible de "Radio Vigo" entrevistaba ó presidente da Asociación de Comerciantes de Príncipe. Despois dos moitos comentarios sobre a mercantilización das festas do Nadal que soltan habitualmente, ante a presenza (non sei se tamén o talonario) dun representante do comercio a peridoista non dubida en animar ós ointes a achegarse ó Príncipe "para desfrutar do espírito destas festas [Nadal]" comprando nos negocios desta rua.
Poderoso cabaleiro é Don diñeiro. LAMENTABLE.
Sinto se alguén se confundiu có título do post, pero non deixa de ser mais que un desexo.
A cousa é que con este novo "Sistema de Información" por medio de pantallas dentro dos buses, dando un gran servizo para os usuarios ... SÍ, servizo para os usuarios de publicidade revertida a Vitrasa.
Tempo hai que nos veñen vendendo o novo servizo e fartos estamos no só da publicidade de ciruxía estética senón da mensaxe "Servicio en periodo de pruebas" que dende hai unhas semanas mudou polo de "SMS Bus" ... ¿será este todo o servizo que pretenden dar? Eu cada vez temo mais que si e tamén vexo chegar unha suba no billete, sen ter en conta os cartiños que Vitrasa mete na saca a costa de ternos atrudidos co seu bucle comercial. A ver se alomenos o Concello lembra isto na mesa de negociación, ainda que dende a foto no primeiro Vitrasa "multimedia" penso eu que ninguén do consistorio volveu sequera cheirar un bus. Unha pena.
Moitos terán que volver a lembrar gardar a calderilla para pagar as viaxes.
Saudos
Có cambio de horario e a chegada da noita a media tarde o domingo non daba para moito. Quedei para ir a ver a mostra "Portografías" na Estación Marítima.
A sorpresa foi enorme ó chegar e ver que a exposición somentes ocupaba a recepción do edificio ... ¿un pouco pequena?. De todos modos comezas e ... ¿as fotos non son un pouco pequenas?, pois parece que si, e se te fixas foron impresas con imprenta de tinta e mesmo pode verse o tamaño de punto en algunha delas ... a cousa pinta cada vez peor e xa chega o colofón: a foto de Príncipe, Touriño e Caballero (pasado, presente e pretendido futuro do PSOE) xunto a unha maqueta do trazado da Autovía das Rias Baixas na sua inauguración ... ¿atopas a relación có porto?, eles arránxano dicindo que foi importante para o comercio na zona. ¡VERGONZOSO!.
Por se alguén ainda dubidaba a para que foi creada este suposto acto cultural os paneis centrais están dedicados a idílica visión que Caballero pretende vendernos do futuro porto, imaxe virtual nunha perpectiva aerea para evitar amosar como "abre as vistas o mar", con moito verde ciscado por todas partes e evitando mostrar que a beira de todo o peirao de trasatlánticos será inaccesible para os vigueses seguindo a lei de tráfico de cidadans na Unión Europea.
Sigo sen entender cómo Magar se rebaixou a promover esta acción política e partidaria.
Saudos, lamentados saudos
Dentro de Are More podemos desfrutar dun ciclo de cine mudo (en versión orixinal subtitulada en castelán) con MÚSICA EN DIRECTO. Todo elo no auditorio do concello e a un prezo mais que interesante (2€ para o público en xeral, 1€ para a comunidade universitaria). Se vos pasades vémonos os luns as 20:30.
http://www.festivalaremore.com/aremore.php?clase=30&grupo=94
Saudos
Estes dias, cada vez que paso no bus por diante do cemiterio sube unha chea (coma o Xabarín, cada dia mais) de vellas que van limpar os nichos de parentes, moitas por devoción (non o comparto pero o respeto), pero moitas outras polo "qué dirán" e para logo poderse dedicar precisamente elas ó que dirán de aqueles que se preocupan menos do que só e po.
Os dias antes de defuntos sempre me entra a carraxe anti-relixiosa e o desexo de promovela ciencia e o escepticismo que tantas barriras derrubou, que nos permite chegar a vellos e que nos leva ó cemiterio en transporte cada dia menos contaminante. A oportunidade apareceu nas noticias que leo no Google personalizado en forma de recordatorio de que pronto chega de novo a SEMANA DE LA CIENCIA:
http://semanadelaciencia2006.fecyt.es/SC2006/html/semana_actividades.aspx
Certo que non hai un cento de actividades na nosa cidade (nin na provincia nin na comunidade) pero algo interesante seguro que atoparedes.
Escépticos Saudos
Hola
No primeiro momento este post levaba por título "A nova sala de arqueoloxía de Castrelos", pero é que a verdade que nunca considerei que o que alí había se puidese chamar "sala de arqueoloxía", salvo se consideramos o sentido victoriano das colecións históricas, no que o único a ter en conta era o número de pezas. Aquela sala non era mais que unha sucesión de vitrinas cheas de obxectos que moitos podiamos identificar pero que non ensinaba nada.
Por todo o dito ata o de agora xa podería dar a noraboa ós artífices da sala arqueolóxica, pero é que deixando ó lado a situación pasada e visitándoa con novos ollos hai que dicir que realmente é un traballo excelente. O espazo está estructurado de maneira clara, con paneis informativos en cada unha das vitrinas, fáciles de ler tanto para un adulto coma para un neno e claros tanto se só pretendes identificar unha das pezas numeradas como se a tua intención é a de ler todo o contido do mesmo. As estelas do Facho de Donón logran o posto de recoñecemento que merecen e os enterramentos da rua Hospital mostranse case tan sorprendentes como cando hai xa tantos anos tiven oportunidade de velos baixo a choiva durante a sua excavación.
Agora só resta o mais dificil, conxeniar a unha cidade coma Vigo de que ten un pasado merecedor de ser coñecido.
Saudos
Xa tardaba.
Hai cousa dunhas semanas remataron un edicio novo (deses que amurallan Ramón Nieto) e có fin das obras tocou reparala acera. Estabmos todos sorprendidos de ter de novo un lugar no que agardar a chegada do Vitrasa, pero como era de esperar alguén avisou de que nalgún recuncho de Vigo había acera nova e chegaron xa a furar de novo, ademais desta aproveitaron a choiva para montar unha boa no que o tráfico se refire, e para terminar de sembrala viñeron con só un sinal de paso, polo que o traballador que daba paso os coches có sinal tiña que andar a berrar (cousa inutil, có martelo neumático en marcha) ó tipo no outro lado da obra para que cortase o tráfico en sentido contrario.
Eu tomeino con humor porque non chegaba tarde a ningures, pero seguro que alguén pasará un mal domingo recordando que o luns ten que volver pasar por Cabral para ir a traballar.
Bos dias
Antes de marchar a praia a desfrutar desde bo solazo que temos quero dar as gracias (nunca oin a ninguen o meu redor dicir "grazas" e non penso facelo eu) a xente da Oficina de Turismo da Xunta, esa que está facendo esquina na subida para o mercado da pedra e na que os cruceristas e visitantes infórmanse da nosa cidade.
Esta oficina ofrece moito mais servicio, e podes informarte para preparar visitas a outras partes do noso territorio. O principal responsable é un home de certa idade, de pelo branco e barba, pero a sua principal característica é a paixón que sente pola promoción da nosa terra. Se preguntas por cousas que non atopas nos folletos ten unha enorme colección de recortes propia coa que pode responder a case calquera pregunta.
Sempre que vou doulle as gracias polo servicio, e despois da última visita (estamos a preparar unha visita á Costa da Morte) e a posibilidade que ofrece este blog quero agradecer públicamente a esta xente polo seu excelente traballo.
Saudos
Saudos
Pasei uns dias fora e veño algo preocupado. Chegas cargando coas maletas e baixas do bus, vas coller polo camiño que sube de Manuel Álvarez a Panis e resulta que está ocupado con material da obra da mole que están a construir ó seu carón, seguindo o estilo característico de Ramón Nieto.
Este camiño é o trazado orixinal da rua Penis, que remataba en Manuel Álvarez, pero como a parada do tranvía estaba algo mais arriba (diante do bar Bienvenido) a xente atallaba por un campo para chegar antes (tradición viguesa a de atallar) e finalmente cando se asfaltou a rua quedou con ese curioso comezo que ten e que causa mais dún susto cando se cruzan conductores subindo e baixando.
Coa chegada do PXOM plantexouse a recuperación do trazado orixinal, aproveitando que as vellas casas que quedaban o carón do camiño (antiga rua) estaban a ser derrubadas para construir novas vivendas, pero xa sabemos que calquer promotor é un devorador de metros cadrados e despois de varios pleitos por ver quén fora o primeiro ocupa da via pública e responsable do retorcemento da rua a posibilidade de ordenalo tráfico perdeuse e o camiño quedou no que era (un pequeno atallo para subir á Penis) ... ata o de agora, xa que agora minguou todavía mais, "grazas" o uso como almacen para material de obra, cando non verquedoiro para limpar os restos de cemneto, todo elo, por suposto, por fora do valado que limita a obra, que logo o interior hai que deixalo limpo. ¡Espectacular!
Despois do "grande éxito" do dia sen coches (2270 viaxeiros mais do normal nas liñas gratuitas de Vitrasa, segundo o FARO - http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2760&pIdSeccion=2&pIdNoticia=88828&rand=1158989803026) non sei se falo en saco roto, pero ahi vai de todos modos.
Hai pouco tempo anunciaban a instalación de pantallas informativas dentro dos Vitrasa. Uns monitores planos colgados ó comezo do pasillo nos que se podería informar ós usuarios moito mellor que con aquelas fracasadas voces que cantaban as seguintes paradas (lembro ir no 11 todo o percorrido coa voz cantando a ruta en sentido contrario, convertendo a parada de Álvarez na de Canido e facendo case instantaneo o meu traxecto, alomenos imaxinariamente). Un imaxina entón a posibilidade de que situen o bus nun plano da cidade (pero plano plano, non a cousa esa na que debuxan as liñas, que non hai maneira de que un turista -nin mesmo un nativo- se situe) e informando das próximas chegadas a seguinte parada (sen ter que mandar o SMS xa famoso) para poder aproveitar os transbordos de forma eficaz. Con letras grandes para que a xente con problemas, ou mesmo os que sentan na parte de atrás, poidan ler sen dificultade e algunha outra cousa ... ¡desperta!
O que fixeron foi atopar outra forma de facer publicidade, cambiando as repetidas cancions de Kiss FM polo reetido comercial da óptica ou o centro de estética de turno. No baixo do monitor deixan unha liña para información, que está baleira dela, de non ser porque da a hora, ainda que non importa porque é ilexible dende mais aló de 5 metros (e vexo bastante ben). O meirande logro das novas pantallas é que coa posicion na que están cubren o informativo de "PARADA SOLICITADA", co que tés que andar buscando a posición para saber se xa deron parada ou fas por pulsar no botón compulsivamente.
Se seguen así vou terminar creendo eso que din de que de repente Vitrasa deu unhas pérdidas de 300.000 € e por eso teñen que vendela ... será o gasto de tanta inversión en vaias publicitarias ... digo, en pantallas.
Saudos