Castellano Galego
Hola
Acabo de chegar a casa de dar unha volta polas praias, aproveitando o solpor para tomar un xelado e cando viñamos páranos un municipal que andaba a guialo tráfico na Falperra porque había un camion de bombeiros botando auga nun dos edificios da panificadora, que xa afundia o teido debido o lume.
Unha pena que o lume chegue o pouco de que comezar a verse un final para ese vello edificio, tan característico coma desatendido na nosa cidade, que tan pouco cariño mostra os seus maiores en moitos outros casos ata que é demasiado tarde. Esperemos que nesta ocasión todavía haxa esperanza.
Saudos
1. Iso de que arda cando o proxecto semella xa perfilado, cheira a chamusco. Hai alguén relacionado co celta investindo por aí?.
2. Estou nas mesmas. Resulta moi curioso, especialmente que xusto arda a parte na que había polémica polas alturas para vivendas non protexidas. Sería todavía mais curioso que agora se dictase o estado ruinoso e se demolese, facilitando así as obras da parte económicamente rendible do proxecto.
O tempo dirá
3. que vai ser do noso patrimonio industrial! cal será o seguinte MONUMENTO que vai a arder??
4. A Panificadora, a nosa catedral contemporánea defendida dende o documental A cidade perdida de Miguel Romero.
Preséntase o venres 17 de novembro, as 20:30
Auditorio do Centro Social de Caixanova-Vigo
Entrada libre