Vigo Castellano  Galego  

O vigués rural

Reflexións dun cidadán do extrarádio

O arte de escurrilo bulto, por Corina

06/09/2006

A nosa rexidora, a Sra. Corina Porro, anda agora mesmo na SER promocionando a sua proposta de megadepuradora nunha entrevista que, se non pagada, parece polo menos pactada.

Segundo a alcaldesa Vigo propón unha solución (non aclara a resposta que lle deu o alcalde de Baiona) coa que evita as sancions europeas polos verquidos na ría. ¡Claro!, se vertemos nas portas da ría evitamos lixar a nosa ría, simplemente a merda irá arrastrada pola corrente percorrendo a costa cara o norte, enmerdando rias que ainda quedan mais lonxe do despacho da alcaldía.

A solución ós verquidos na ría pasa pola DEPURACIÓN, non polo traslado. Seguindo este argumento tamén poderiamos evitalas sancións europeas se votasemos a merda en barreños e agardásemos a que rematase o periodo de control para ditas sancións.

O mellor da proposta municipal é que parece ser que agora a pelota está no tellado da Xunta, despois das pelexas por ver quén tiña que decidilo enclave para as novas instalacións, e para Corina unha resposta sen alternativas sería inaceptable, de modo que ou permiten á cidade mandar a merda a "culovilla" ou propoñen eles un lugar, de modo que a nosa alcaldesa volve aparecer coma unha Maria Pita que loita contra o mal que chega de fora.

Como admirador dos cantís de Oia e das vistas dende cabo Silleiro de veras que agardo con esperanzas que esta fábula remate en pouco mais que outro berrinche de Corina.

http://vigo.cidadans.net/edoarado/2006/09/06/o-arte-de-escurrilo-bulto-por-corina/
2 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Artigo sobre o proxecto en 20 minutos:
    http://www.20minutos.es/noticia/149422/0/vertidos/Vigo/depuradora/

    por se aguén anda todavía no millo.

    Publicado por: edoarado | 06/09/2006 13:50:41
  • 2. miña naiciña! estaba visto. Por que tódalas desgrazas nos tocan a nós? Quitando ós emigrantes, os demáis vano levando...

    Publicado por: Luis | 06/09/2006 17:25:37

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados