Castellano Galego
Saudos
Pasei uns dias fora e veño algo preocupado. Chegas cargando coas maletas e baixas do bus, vas coller polo camiño que sube de Manuel Álvarez a Panis e resulta que está ocupado con material da obra da mole que están a construir ó seu carón, seguindo o estilo característico de Ramón Nieto.
Este camiño é o trazado orixinal da rua Penis, que remataba en Manuel Álvarez, pero como a parada do tranvía estaba algo mais arriba (diante do bar Bienvenido) a xente atallaba por un campo para chegar antes (tradición viguesa a de atallar) e finalmente cando se asfaltou a rua quedou con ese curioso comezo que ten e que causa mais dún susto cando se cruzan conductores subindo e baixando.
Coa chegada do PXOM plantexouse a recuperación do trazado orixinal, aproveitando que as vellas casas que quedaban o carón do camiño (antiga rua) estaban a ser derrubadas para construir novas vivendas, pero xa sabemos que calquer promotor é un devorador de metros cadrados e despois de varios pleitos por ver quén fora o primeiro ocupa da via pública e responsable do retorcemento da rua a posibilidade de ordenalo tráfico perdeuse e o camiño quedou no que era (un pequeno atallo para subir á Penis) ... ata o de agora, xa que agora minguou todavía mais, "grazas" o uso como almacen para material de obra, cando non verquedoiro para limpar os restos de cemneto, todo elo, por suposto, por fora do valado que limita a obra, que logo o interior hai que deixalo limpo. ¡Espectacular!