Castellano Galego
Estes dias, cada vez que paso no bus por diante do cemiterio sube unha chea (coma o Xabarín, cada dia mais) de vellas que van limpar os nichos de parentes, moitas por devoción (non o comparto pero o respeto), pero moitas outras polo "qué dirán" e para logo poderse dedicar precisamente elas ó que dirán de aqueles que se preocupan menos do que só e po.
Os dias antes de defuntos sempre me entra a carraxe anti-relixiosa e o desexo de promovela ciencia e o escepticismo que tantas barriras derrubou, que nos permite chegar a vellos e que nos leva ó cemiterio en transporte cada dia menos contaminante. A oportunidade apareceu nas noticias que leo no Google personalizado en forma de recordatorio de que pronto chega de novo a SEMANA DE LA CIENCIA:
http://semanadelaciencia2006.fecyt.es/SC2006/html/semana_actividades.aspx
Certo que non hai un cento de actividades na nosa cidade (nin na provincia nin na comunidade) pero algo interesante seguro que atoparedes.
Escépticos Saudos
1. Te recuerdo que muchos de los mas grandes cientificos de todos los tiempos no eran ni mucho menos excepticos si que fueron y son creyentes, cada uno a su manera y en su religion pero desde luego creyentes.
Y en tono menos serio, antes de la llegada de la ciencia del siglo XIX ya se acudia a los cementerios... y en transporte menos contaminante que los actuales
2. ... e morríase antes. Certo que a ciencia é totalmente compatible coa espiritualidade, pero non coa relixión entendida como dogma de fe, xa que os dogmas son as barreiras que a ciencia derruba e nos permite avanzar.