Castellano Galego ideas para q 1+1+1 sexan 6. Ideas de colaboracións sen gastar un duro
Hai un par de meses, escoiteir por primeira vez falar do Tecktonic (inda non sei nin escribilo). E onte tiven o privilexio de que un francés mo explicara e me ensinara vídeos no youtube.
Polo visto é un tipo de baile que comezaron un chaval e unha chavala franceses e que está a causar furor en Francia e pouco a pouco noutros países. Baséase en música electrónica (que en Galicia non abonda de máis, creo eu) e xogando moito cos brazos e pernas, pero case sen repetir movementos. Despois de mirar os vídeos, o primeiro que dixen foi "pero iso non se pode bailar borracho". Polo que comezou a segunda parte da miña formación: a "filosofía" deste baile é sen alcohol nin drogas, de ningún tipo!!
Tamén é certo que estes bailaríns teñen apenas 18 anos, pero a moda chegou a tal punto en París que hai discotecas nas que só se baila así e non serven nengún tipo de alcohol. Hai clases de tecktonic nos ximnasios, pero a maior parte dos alumnos son profesionais do baile, porque é moi duro.
Polo que a miña proposta de hoxe ten dúas vías:
- Por unha banda, crear obradoiros para nen@s nos que se ensine este estilo. Consume moita enerxía, polo que durmirán ben e desenrolarán mellor a coordinación. Tamén axuda a que a referencia de "fashion", "cool" e "de maiores" non sexa coller un pitillo con cara de súperadultos e un cubata na outra tratando de dicir sonmáismaiordoquepensas.
- Por outra banda, hoxe en día todo o mundo sabe que na maior parte das discotecas e sitios de música electrónica, as drogas (e o alcohol, por suposto) están á orde do día. Trataríase de que algunha discoteca cunha mentalidade un pouco aberta e de espírito de cambio, contratase a esta xente durante un verán como gogós ou animación do negocio. Non necesariamente enriba dunha tarima, mesmo á altura do chan, pouco a pouco vai contaxiándose a outra xente. Non creo que ninguén se lance a bailar así de primeiras, pero o verán é un bó momento de cambio e para mirar cousas novas. Tamén hai moito turismo (medio Vigo vive diso, non?), polo que será o toque actual.
Para ambalasdúas propostas creo que é un pouco tarde para este verán, habería que adicarse prácticamente a tempo completo para organizalo ben. Esta xente agora está moi solicitada e son moi famosos. Pero para o vindeiro verán, hai ganas?? Algunha escola de deporte quere engadir novidades?? Algún estudiante de EF atrévese a propoñelo como freelance?? Algunha empresa de animación o quere tentar?? Algún xove quere saber máis??
Teño un contacto que pode pasarme un mail, só fan falla ganas.