Vigo Castellano  Galego  

n!

ideas para q 1+1+1 sexan 6. Ideas de colaboracións sen gastar un duro

snif!!

03/03/2009

14% dos votantes fixérono a distancia... Galicia segue a ser emigrante!! E os que estamos fóra, estamos abraiados!! Cando será unha das nosas universidades as que entren nos libros de Historia cunha nova visión, un descubrimento?? Cando serán as nosas asociacións xuvenís as que propoñan actividades envexables en todo o mundo?? Cando a TVG asumirá un rol cultural e de ocio exemplar?? Cando non teremos que saír para exercer o q soñamos na nosa terra?? Seguirá sendo miña tamén esa terra?? Hei de volver??

http://vigo.cidadans.net/enefactorial/2009/03/03/snif-/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. PLATAFORMA DE APOIO Ó CARRIL BICI ENTRE VIGO E NIGRÁN



    Facemos este escrito para amosar a nosa preocupación pola derogación dun dos proxectos máis desexados pola cidade dende hai tempo, que inclúe un carril peóns-bicis dende Vigo a Nigrán que enlaza co xa existente Ramallosa- Baiona, o chamado PROXECTO DE SEGURIDADE VIARIA NA PO-325 (Resolución do 17 de dec-2008, publicado no Doga o 5 de xaneiro 2009).



    Este proxecto inclúe: mellora do trazado e das interseccións, renovación da iluminación, señalizacións, soterramento de tódolos servicios actualmente aéreos sobre postes, carril peóns-bicis e zonas verdes.



    A meirande parte dos cidadáns que están en contra, son os afectados polos retranqueos dos seus muros, os cales serán despois os maiores beneficiarios de tódalas melloras do vial. E debemos recordar que hai moitos dos que protestan tan enérxicamente que se apropiaron ilegalmente destes terreos cando se fixo a expropiación a TRANVÍAS, e ainda por riba váiselles pagar coma se foran deles.



    A continuación expomos varios puntos polos cales cremos que a súa derogación é un erro. Con respecto a:



    ECONOMÍA

    O Proxecto é financiado pola Xunta de Galicia e non polo Concello de Vigo. Cremos que xa era hora que Vigo, por ser a cidade máis grande de Galicia, reciba da Xunta financiación de proxectos ambiciosos e prestixiosos coma pode ser este.



    Xa foi adxudicado a varias empresas e a súa derogación levaría como consecuencia o pago dunha importante indemnización ás empresas.



    As praias, uns dos puntos máis atraintes para o Turismo de Vigo, veránse potenciadas.



    SEGURIDADE

    Coma é obvio nun PROXECTO DE SEGURIDADE VIARIA, a seguridade para os vehículos verase incrementada. E tamén os ciclistas e os peóns poderán circular con seguridade cara a zona de praias, por onde hoxe en día é unha auténtica temeridade.



    Ademáis tamén se reducirá o tráfico, o que supón unha mellora da contaminación atmosférica e acústica da cidade.



    LECER

    Somos moitos os habitantes da área metropolitana de Vigo e comarcas, que nos encantaría poder desplazarnos de cotío en bicicleta, como se pode facer na maioría de cidades de Europa, e resulta unha magoa que, tras moitos anos, por fín se aprobe un proxecto ó respecto co apoio cidadán, e que pola oposición duns poucos, non poidamos disfrutar del. ¡Xa que o noso servizo de transporte público segue a ser moi deficiente, loitemos pola viabilidade de desprazarse en bicicleta!.





    Por todo isto, LOITEMOS PARA QUE ESTE PROXECTO SAIA ADIANTE !! QUE OS BERROS DUNS POUCOS NON CALEN A TODA UNHA CIDADE !!!!!!!!!!!



    Publicado por: sí, ó carril bici | 27/05/2009 23:52:16

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados