Vigo Castellano  Galego  

Gamela

Indolencia Sanitaria no Courel

11/03/2010

ImagenImagen

Ao Valedor do Pobo

Á Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

A  todas as Centrais Sindicais  da Sanidade Pública

 

1. O Concello de Folgoso do Courel (Lugo), foi recoñecido como zona de Montaña por:

    * Orden Ministerial de 6 de marzo de 1985. (Ministerio Agricultura)
    * Directiva 86/466/CEE da Unión Europea

O artigo 130.2 da Constitución Española do título VII di:

Co mesmo fin, dispensarase un tratamento especial ás zonas de montaña.

Este artigo  da Constitución Española, foi desenvolvido pola vixente  Ley 25/1982, de 30 de junio, de Agricultura de Montaña, que no seu artigo 1, di:

La presente Ley tiene por objeto el establecimiento de un régimen jurídico especial para las zonas de agricultura de montaña con el fin de posibilitar su desarrollo social y económico, especialmente en sus aspectos agrarios, manteniendo un nivel demográfico adecuado y atendiendo a la conservación y restauración del medio físico, como hábitat de sus poblaciones.

Esta lei, que no Courel está sen aplicar na súa totalidade, advirte claramente na súa disposición  transitoria segunda:

A partir de la entrada en vigor de la presente Ley y hasta que no se desarrolle el mandato del artículo 130.2, de la Constitución, no se realizarán reestructuraciones de servicios y equipamientos que supongan una supresión o disminución de personal o medios (Escuelas, médicos, transportes públicos, etc.).

A pesares desta advertencia , no ano 2002, elimináronse as gardas médicas nocturnas no concello do Courel, por  respectar un pacto que se establecera entre a Xunta e as centrais sindicais, quedando sen asistencia, dende as 10 da noite ata as 8 da mañá do día seguinte.

2. Os veciños e veciñas tardan en chegar ata o hospital máis próximo, en Monforte de Lemos ou en Lugo, máis de tres horas, dende que se activa o servizo de emerxencias.

3. O Courel queda pechado pola neve varias veces ao ano. Como normalmente comeza a nevar por a noite, queda tamén sen médico.

4. En caso de emerxencia, por absurdos protocolos  asistenciais, as ambulancias deben dirixirse e parar primeiro no Centro Médico de Quiroga que non ten máis mesmos medios materiais que os do Courel,  por culpa deste arrodeo innecesario pódese chegar a perder  máis de hora e media para chegar ó hospital, de Monforte ou Lugo.  Debido, a parte da perda de tempo na parada, a que Quiroga está máis lonxe de Lugo que moitos núcleos poboados do Courel.

5. A falta dun servizo sanitario axeitado e próximo, é unha das causas do despoboamento dramático e terminal que está a vivir o Courel, onde a  maioría dos residentes, son persoas maiores de 60 anos. É moi común que moitos/as veciños/as  abandonen, o Courel, para vivir noutras vilas que ofrecen maior seguridade asistencial, despois de comprar unha vivenda ou conseguir praza nunha residencia de maiores, fora do seu propio concello

6. Según o artigo 10 da vixente LEI 45/2007, de 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, o Courel é unha zona rural prioritaria:  “con escasa densidad de población, elevada significación de la actividad agraria, bajos niveles de renta y un importante aislamiento geográfico o dificultades de vertebración territorial.”

E por ser unha das “....áreas integradas en la Red Natura 2000”  e según o artigo 30:

Para facilitar o acceso da poboación rural a uns servizos públicos sanitarios de calidade, o Programa poderá establecer medidas que persigan:


a) A mellora da sanidade, en particular da Atención  Primaria, singularmente nas zonas rurais prioritarias,  que permita asegurar uns servizos sanitarios básicos  de proximidade en cada zona rural.

b) A posta a disposición dos profesionais do  Sistema Nacional de Saúde, que exercen no medio rural,  das máis modernas tecnoloxías e medios e, en particular, da telemedicina.


c) A mellora do acceso dos cidadáns que residen  no medio rural a unha atención sanitaria especializada  de calidade, prestando unha atención singular ás  urxencias médicas.

Por todo o ante dito, esixo á Xunta de Galicia a devolución inmediata da asistencia sanitaria e de urxencias permanentes ao Concello de Folgoso, para salvagardar a saúde e a seguridade dos veciños e veciñas, e que se teña por presentada esta queixa,

INSTRUCCIÓNS para o envío desta  QUEIXA
 
 
 
Seica agora a "Nova Economía" destroza o Patrimonio de Galicia !!!
É este o xeito que temos de protexer os espazos da Rede Natura ?
 
Terá Europa que salvar a nosa Terra ?
 
Xornal de Galicia
 
.

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/03/11/indolencia-sanitaria-no-courel/
0 Comentarios - Enviar comentario

Guerra de Senhoritos

25/02/2010

Imagen

Imagen

 

Calquera con dous dedos de frente entendería que esta nave nunca debera terse levantado neste lugar de privilexio. 

As mellores vistas dende a Estación Marítima foron roubadas á cidadanía fai anos... nin sei quen foi o responsable desta burramie nin quero sabelo.

O único que pido a berros é que retiren dunha puta vez esta vergoña á vista de todos.

Se o Alcalde chegou catapultado dende o Porto ao Concello, semella que agora Corina pretende facer o mesmo. 

E como sexa que os dous saben ben o que significa nesta cidade o Porto, ambos andan guerreando políticamente á conta de todos nós.

É unha verdadeira vergoña que teñamos que aturar a este par de imbéciles facendo política coa ruína da Cidade de Vigo.

Non compartirei nunca o estoicismo (cinismo) dos meus concidadáns á hora de mirar para outro lado cando se nos bota a merda enriba a tódolos vigueses.

¿Aínda non se decataron de que están aí para traballar a prol do ben común?

Seica os "señoritos" andan entretidos nas súas liortas...prendéndolle lume á Cidade.

Retorcen a Lei e as Normas ata que sangran, e logo chámanos para levantar o cadáver.

Co centro urbán levantado para varios anos, coa amenaza de seguir enterrando millóns de euros nas beirarrúas, sen resolver aínda o Casco Vello, con obras que parecen quimeras borbollando nos Diarios Oficiais... agora seica imos ter que contemplar a vergoña destes derribos consolidados, non vaia a ser que alguén os reclame coma patrimonio histórico industrial (e sigan o mesmo camiño cas escavacións da rúa Serafín Avendaño).

Vigo Ilegal... Vigo morrendo polo egocentrísmo dos seus políticos locais...!

Se tiveran vergoña... mañán non quedaría un cascote nos peiraos do Porto de Vigo !

Máis Información

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/02/25/guerra-de-senhoritos/
0 Comentarios - Enviar comentario

Queixa Solidaria

07/02/2010

O Courel segue abandoado a súa sorte... un dos lugares a protexer do noso territorio segue esquecido e "incomunicado" grazas ao desleixo das distintas administracións. 

Chegóume vía correo-e esta Queixa Solidaria por se fóramos aínda capaces de activar o coidado do noso Patrimonio Natural e Cultural antes de perdelo para sempre.

Podes enviar esta Queixa ao Valedor do Pobo directamente vía correo-e ou se o prefires facelo a traveso da Web da Institución.

En calquera caso agradecemos a difusión desta situación "tercermundista" que están a padecer os viciños do Courel por culpa das administracións responsables de solucionala.

 
Queixa ante o Valedor do Pobo
= Estrada Deputación de Lugo =
Seoane do Courel  - Hospital do Cebreiro

D./Dª_________________________________________
con DNI _____________________, con domicilio a efectos de comunicación en ____________________________________  Teléfono______________________.

quero poñer no seu coñecemento e denunciar os seguintes feitos en relación coa seguridade para as persoas, o medio ambiente, o Patrimonio Cultural e o Patrimonio Natural, no que respecta as obras da estrada de titularidade da Deputación de LUGO, Seoane do Courel - Hospital do Cebreiro:


1-     Tratándose da principal e única estrada do Courel á Autovía A6, non se entende que sexa de titularidade provincial, cando o normal é que sexa unha estrada de titularidade Autonómica.

2-      Así atopamos que a Deputación queixase continuamente dos gastos que ten que soportar, dunha xigantesca rede de estradas en toda a Provincia.

3-      Como consecuencia desta deficiencia orzamentaria, as reformas desta estrada , que se iniciaron no 2003, aínda non completaron a metade dun percorrido total de 13 quilómetros. Só se reformaron 6 quilómetros.  A este paso conseguirase prolongar as carencias de comunicación e os impactos de xeito indefinido.

4-      Outra consecuencia desta deficiencia orzamentaria, é que estas obras provocaron unha auténtica catástrofe ambiental e paisaxística nun territorio da Rede Natura 2000, sen avaliación ambiental, nin avaliación arqueolóxica, nen medidas correctoras de ningún tipo, atravesando polo medio a Mina Romana da Toca e impactando gravemente nunha paisaxe de recoñecidos valores naturais e culturais, nun Espazo Natural afectado polas Normas Complementarias e Subsidiarias da Provincia de Lugo

5-      Por suposto non se habilitaron pasos de fauna, e obstruíronse os poucos que había ao substituír as pontes por tubos, e practicar taludes totalmente verticais e insalvables. O caso máis escandaloso é o entubado do río Vilela, despois de rechear todo o val de escombros.

6-      O trazado real da estrada non coincide co dos planos do Proxecto, e iso pódese comprobar facilmente , observado  na ladeira os sucesivos intentos de trazado abandonados, resultado da metodoloxía de ensaio - error. A plataforma da estrada asentouse sobre escombreiras sen compactar, polo que está continuamente afundíndose; obrigando a unha reparación permanente a base de pedrapléns, que xa se tiñan que ter practicado na obra inicial. Como consecuencia da falta de muros ou pedrapléns, as curvas que se meten na ladeira quedaron cun radio moito menor que o proxectado, facendo un trazado caótico e perigoso.

7-      O tubo polo que pasa o río Vilela estase afundindo, o mesmo  que todas as curvas interiores do tramo Pontalor-Valurqueira.

8-      A integración paisaxística da estrada é nula e os impactos de algúns taludes e escombreiras son verdadeiramente descomunais tal e como pode observarse no seguinte blog:  http://pedrafitacourel.blogspot.com/


Por todo o anteriormente exposto solicito:


A-    Que se complete xa, a reforma desta estrada en todo o seu percorrido, e que se leve a cabo a pertinente integración paisaxística de toda a estrada

B-    Que se tomen as medidas pertinentes para salvagardar a seguridade das persoas e o Interés Público.

C-    Que se teña por presentado este escrito

 
Atentamente,


Asdo:


En ______ , a ____ de Febreiro de 2010.
 

Remitir a :  rexistro@valedordopobo.com

Máis información aquí

Non deixes para mañán o que podas defender hoxe !!!

 

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/02/07/queixa-solidaria/
1 Comentario - Enviar comentario

Nos han robado 2 años de nuestras vidas !

30/01/2010



Cuando hace años toda la izquierda bramaba contra el servicio militar obligatorio (desde objetores a insumisos entendían que era un “robo” obligar a los jóvenes a dedicar un año de sus vidas a las tareas de la defensa nacional) y profesionalizamos el ejército!

Después vinieron las leyes de "discriminación positiva" (contradicción en los términos pero muy aplaudidas por una izquierda en horas bajas que hacía de la “propaganda” el medio de alcanzar el poder político) e incentivamos económicamente la “contratación femenina” para restituirle a la mujer el papel que supuestamente la historia le había negado… (compensamos a las nietas todo lo que le habíamos robado a sus abuelas...)

En plena crisis financiera con recesión económica se le ocurrió a la misma izquierda-elegante que había generado la perversión en la contratación laboral con el invento de los contratos-basura regalar 400 €uros como ayuda social a los parados “estructurales” generados por un sistema perverso: precarizando las relaciones laborales hasta límites que harían enrojecer a los tratantes de esclavos del siglo XVII. Por lo menos aquellos no reconocían ningún derecho a sus "mercancías".

Y ahora asistimos a la última “ocurrencia” de un presidente de gobierno que no sabiendo que un tercio de la población lleva 20 años trabajando y cotizando para mantener el chiringüito abierto, ese mismo chiringuito que ha propiciado la aprobación de leyes de dependencia sin fondos, reformas educativas sin medios, derechos sociales sin fin... y sueldos de infarto para cargos públicos sinvergüenzas; ahora nos roban 2 años de nuestras vidas para seguir financiando el Sistema,por el morro!

Si un tercio de la población sostiene a los dos tercios restantes (jóvenes, parados, jubilados, dependientes) la ocurrencia consiste básicamente en seguir “exprimiendo” los únicos limones que dan jugo en esta simpática sociedad: sólo ha olvidado una cosa, que en un sistema basado en la solidaridad intergeneracional, todos los miembros necesitan asegurarse el recambio laboral para disfrutar de la JUSTICIA SOCIAL.

Si nadie lo remedia poco a poco quiénes hoy disfrutamos del derecho al trabajo seremos los únicos responsables de que los jóvenes sigan sin encontrar un empleo digno hasta que alcancen la peligrosa edad de 40 años (en la que sin duda alguna decidirán solicitar una renta básica universal para poder vivir) y nuestra Caja de la Seguridad Social dirá que sus números rojos no permiten pagar pensiones por encima de dicha renta básica a ningún trabajador jubilado.

Así las cosas, una de dos, o trabajamos 2 años gratis a sabiendas de que perderemos prestaciones sociales, o mañana por la mañana ingresamos voluntariamente en el paro y cobramos hoy los 400 €uros que nadie nos podrá abonar mañana...

Es cierto que existen medidas flexibles (voluntarias siempre) para resolver el problema de las pensiones, pero estas salidas de madre unilaterales, demagógicas y oportunistas, no sólo son inaceptables sino que condenan a los nacidos después de 1959 a trabajar gratis 2 años de sus vidas para seguir manteniendo sinvergüenzas en la Moncloa.

Solicito con urgencia la tramitación de una Proposición de Ley por la cual todos los “gobernantes” (nacionales, autonómicos y locales) que al final de su mandato dejen el país en “bancarrota” no cobren ni un solo euro en concepto de pensión por sus cargos gubernamentales. Y realicen, por ley, 2 años de trabajos gratis para la Comunidad.

Si aprobamos esta Ley de Honestidad Gubernamental podríamos jubilarnos a los 60 años y sobraría dinero para todos.

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/01/30/nos-han-robado-2-anhos-de-nuestras-vidas/
0 Comentarios - Enviar comentario

Eu falo...

26/01/2010

Interesante proxecto colaborativo na rede a cargo da Navalla Suíza (empresa responsable do proxecto de comunicación da campaña electoral de Quintana) agora lanzan unha nova proposta: Todo o mundo ten unha historia coa lingua.  Cal é a túa?

Será francamente interesante observar tódalas historias que galegos e galegas poderíamos contar sobre a nosa lingua sen complexos nin trabas (neste proxecto de momento non existen votos negativos nin sistemas de exclusión tipo karma negativo como sucedía con outros proxectos do mesmo autor, Berto Yánez, en Chuza por exemplo ou en Quin.TV)

Esta circunstancia pode favorecer enormemente o diálogo e a inclusión de matices sobre o tema da lingua galega, sempe ca participación sexa plural e os administradores honestos.

Calquera pode deixar comentarios, con tal de rexistrarse. Os comentarios son un espazo libre que debera servir para estimular o diálogo e a conversa, din os creadores da idea.

Hai dous límites: os comentarios que descualifiquen ou ridiculicen ás persoas que aparezan nos vídeos serán borrados sen piedade. Tamén borraránse os comentarios de contido discriminatorio, xenófobo, difamatorio ou que poida ser considerado delituoso. 

Se estas son as normas parecen moi razoables.

Ogallá neste proxecto se recolla un valioso material sociolingüístico que axude a comprender a situación actual da lingua galega; e permita unha boa diagnose e tomar as decisións máis sensatas para unha verdadeira recuperación da comunicación en Galicia.

Saúdamos proxectos valiosos coma este que hoxe botan a andar pola rede... Saúde !

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/01/26/eu-falo-/
0 Comentarios - Enviar comentario

Falamos en público ?

15/01/2010

 

Contra todo pronóstico sigo pensando que a única saída desta "tolería" na que andamos metidos sen saber ben como chegamos a ela... a mellor saída para remediar os males que padecemos é simplemente falar deles.

Para falar do que non nos gusta, para denunciar o que non queremos que siga estando mal xestionado, para suxerir alternativas en positivo ás desfeitas que padecemos, non vexo outro camiño ca democracia participativa.

Os gregos chamábanlle Isegoría: igualdade no dereito a tomar a palabra no Ágora e debatir sobre os asuntos públicos que afectaban á Polis enteira e polo tanto á cidadanía en xeral -que diríamos hoxe-, deste xeito botaban fóra de sí os fantasmas que os torturaban... algo así coma unha catarsis colectiva da que todos saían máis limpos do que entraran...

Para a nosa desgracia nas modernas metrópolis todos andamos moi atarefados coma para perder un minuto -ata a metade do século XX aínda tiñamos as tertulias para perder o tempo- agora xa nin eso nos deixan.

Pola contra sométennos á tortura cotiá dos titulares xornalísticos (cargados ca forza coercitiva dos autores), presos dos telexornais, das radios, dos blogs institucionais que contan da vida o que lles interesa a eles.

No mellor dos casos podemos falar (patalear ou berrar) aí abaixo, onde dí, comentarios...

A isegoría era outra cousa, era o dereito que todos e cada un dos cidadáns tiñan polo mero feito de selo, e que comprometía a tódolos demáis a escoitarnos (a soportarnos) mentras estivesemos no uso da palabra, mentres fixeramos uso do logos para tratar en público os asuntos públicos.

Grazas a ese dereito as leis xurdían como por ensalmo do discurso da asamblea.

Esas leis eran efectivamente AS LEIS DE TODOS e así todos se sometían a elas con ledicia, e facían das leis o xeito de vida público (e se as consideraban xustas tamén as practicaban privadamente).

Gracias ao dereito a "falar en público" acataban orgullosamente as leis da Polis.

Penso que estamos faltos de espacios públicos nos que poder practicar a isegoría.

A verdadeira democracia é falar e escoitar, escoitar e ter dereito a que te escoiten.

Nas sociedades contemporáneas estamos saturados de mensaxes, pero ninguén escoita as mensaxes dos outros, ninguén establece diálogo algún sobre as cousas que afectan a todos, seica confiamos en que se lle ocorran a outros as mesmas ideas que nós temos, e cando se presentan tales cidadáns o único que podemos facer é votalos.

Curiosa perversión do dereito a falar en público sobre os asuntos públicos!

Temos dereito a "falar sós" (coma os tolos) ?

 

 
 
Posdata = Pouco a pouco imos conseguindo que a forza de petar na porta alguén responda dende dentro do Concello de Vigo ás cuitas da Cidadanía.  
 
Constatamos que Santi Domínguez foi o único que dende as eleccións mantivo máis ou menos activo o seu blog persoal, atendendo as cuestións que lle formulan os cidadáns.  
 
Ogallá houbera "outros" que seguiran o mesmo camiño... aínda que fora para recomendarnos acudir aos Tribunais de Xustiza para aclarar o gasto público desta corporación bifronte...
Santi Domínguez = Recomenda acudir aos Tribunais =
 
¿ alguén sabe cómo levar este asunto aos Tribunais ?

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/01/15/falamos-en-publico-/
0 Comentarios - Enviar comentario

Parque Natural Courel - Ancares ?

11/01/2010

Imagen


Salvemos O Caurel

Levamos anos dándolle voltas e mareando a cuestión sen que ninguén mova un dedo...

Moito cambio climático e moita lei de economía sustentable pero á hora de conservar o patrimonio natural e as aldeas e lugares parte da nosa historia colectiva... ná de ná...

Seica é mellor darlle aire as louseiras e seguir furando montes e facendo autoestradas ata que ninguén recoñeza o territorio galego...?

Eu póñome a tremer cando penso que o obxectivo declarado deste goberno é que ningún galego estea a menos de 10' dunha vía de alta capacidade ao rematar a lexislatura...!

¿Sabedes o que pode significar iso?

 

Salvemos O Courel

 

Fagamos circular o Mapa da VergoñaImagen

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/01/11/parque-natural-courel-ancares-/
0 Comentarios - Enviar comentario

Reinventando o Patrimonio

10/01/2010

 

Imagen

Se non fora porque os cartos son nosos e os espazos naturais escasos igual podíamos aplaudir esta iniciativa que pretende "reinventar" o noso Patrimonio Histórico.

Pero un millón de €uros para botar cemento e poñer vallas metálicas parécenos pouco sensato e xa o dixemos no seu día cando comezaron a talar os cedros centenarios do parque do Castro.

Non contentos con "xogar ás casiñas" seica pensan derrubar o edificio adosado á muralla do Castelo do Castro, en lugar de aproveitalImageno para dar servizos de cafetería e restauración nun dos lugares máis visitados da cidade.

Cantos €uros gastarán en desfacer un edificio ca mellor terraza sobre a Ría ?

Facer e desfacer, todo é traballo...!

É así como pensan crear postos de traballo en derribos, eliminandoos en servizos ?

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/01/10/reinventando-o-patrimonio/
2 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados