Castellano Galego
Se non fora porque os cartos son nosos e os espazos naturais escasos igual podíamos aplaudir esta iniciativa que pretende "reinventar" o noso Patrimonio Histórico.
Pero un millón de €uros para botar cemento e poñer vallas metálicas parécenos pouco sensato e xa o dixemos no seu día cando comezaron a talar os cedros centenarios do parque do Castro.
Non contentos con "xogar ás casiñas" seica pensan derrubar o edificio adosado á muralla do Castelo do Castro, en lugar de aproveitalo para dar servizos de cafetería e restauración nun dos lugares máis visitados da cidade.
Cantos €uros gastarán en desfacer un edificio ca mellor terraza sobre a Ría ?
Facer e desfacer, todo é traballo...!
É así como pensan crear postos de traballo en derribos, eliminandoos en servizos ?
1. É moi bonito e ecolóxico... colleron as rexas dunha xaula de coellos, logo aproveitárona como grella para o churrasco e finalmente para deixar unha pegada na historia ó estilo de "nós estivemos aquí"
2. Levabas razón... a grella tal cual... todo un poema no Castro.