Vigo Castellano  Galego  

Gamela

Falamos en público ?

15/01/2010

 

Contra todo pronóstico sigo pensando que a única saída desta "tolería" na que andamos metidos sen saber ben como chegamos a ela... a mellor saída para remediar os males que padecemos é simplemente falar deles.

Para falar do que non nos gusta, para denunciar o que non queremos que siga estando mal xestionado, para suxerir alternativas en positivo ás desfeitas que padecemos, non vexo outro camiño ca democracia participativa.

Os gregos chamábanlle Isegoría: igualdade no dereito a tomar a palabra no Ágora e debatir sobre os asuntos públicos que afectaban á Polis enteira e polo tanto á cidadanía en xeral -que diríamos hoxe-, deste xeito botaban fóra de sí os fantasmas que os torturaban... algo así coma unha catarsis colectiva da que todos saían máis limpos do que entraran...

Para a nosa desgracia nas modernas metrópolis todos andamos moi atarefados coma para perder un minuto -ata a metade do século XX aínda tiñamos as tertulias para perder o tempo- agora xa nin eso nos deixan.

Pola contra sométennos á tortura cotiá dos titulares xornalísticos (cargados ca forza coercitiva dos autores), presos dos telexornais, das radios, dos blogs institucionais que contan da vida o que lles interesa a eles.

No mellor dos casos podemos falar (patalear ou berrar) aí abaixo, onde dí, comentarios...

A isegoría era outra cousa, era o dereito que todos e cada un dos cidadáns tiñan polo mero feito de selo, e que comprometía a tódolos demáis a escoitarnos (a soportarnos) mentras estivesemos no uso da palabra, mentres fixeramos uso do logos para tratar en público os asuntos públicos.

Grazas a ese dereito as leis xurdían como por ensalmo do discurso da asamblea.

Esas leis eran efectivamente AS LEIS DE TODOS e así todos se sometían a elas con ledicia, e facían das leis o xeito de vida público (e se as consideraban xustas tamén as practicaban privadamente).

Gracias ao dereito a "falar en público" acataban orgullosamente as leis da Polis.

Penso que estamos faltos de espacios públicos nos que poder practicar a isegoría.

A verdadeira democracia é falar e escoitar, escoitar e ter dereito a que te escoiten.

Nas sociedades contemporáneas estamos saturados de mensaxes, pero ninguén escoita as mensaxes dos outros, ninguén establece diálogo algún sobre as cousas que afectan a todos, seica confiamos en que se lle ocorran a outros as mesmas ideas que nós temos, e cando se presentan tales cidadáns o único que podemos facer é votalos.

Curiosa perversión do dereito a falar en público sobre os asuntos públicos!

Temos dereito a "falar sós" (coma os tolos) ?

 

 
 
Posdata = Pouco a pouco imos conseguindo que a forza de petar na porta alguén responda dende dentro do Concello de Vigo ás cuitas da Cidadanía.  
 
Constatamos que Santi Domínguez foi o único que dende as eleccións mantivo máis ou menos activo o seu blog persoal, atendendo as cuestións que lle formulan os cidadáns.  
 
Ogallá houbera "outros" que seguiran o mesmo camiño... aínda que fora para recomendarnos acudir aos Tribunais de Xustiza para aclarar o gasto público desta corporación bifronte...
Santi Domínguez = Recomenda acudir aos Tribunais =
 
¿ alguén sabe cómo levar este asunto aos Tribunais ?

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/01/15/falamos-en-publico-/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados