Vigo Castellano  Galego  

Gamela

Eu falo...

26/01/2010

Interesante proxecto colaborativo na rede a cargo da Navalla Suíza (empresa responsable do proxecto de comunicación da campaña electoral de Quintana) agora lanzan unha nova proposta: Todo o mundo ten unha historia coa lingua.  Cal é a túa?

Será francamente interesante observar tódalas historias que galegos e galegas poderíamos contar sobre a nosa lingua sen complexos nin trabas (neste proxecto de momento non existen votos negativos nin sistemas de exclusión tipo karma negativo como sucedía con outros proxectos do mesmo autor, Berto Yánez, en Chuza por exemplo ou en Quin.TV)

Esta circunstancia pode favorecer enormemente o diálogo e a inclusión de matices sobre o tema da lingua galega, sempe ca participación sexa plural e os administradores honestos.

Calquera pode deixar comentarios, con tal de rexistrarse. Os comentarios son un espazo libre que debera servir para estimular o diálogo e a conversa, din os creadores da idea.

Hai dous límites: os comentarios que descualifiquen ou ridiculicen ás persoas que aparezan nos vídeos serán borrados sen piedade. Tamén borraránse os comentarios de contido discriminatorio, xenófobo, difamatorio ou que poida ser considerado delituoso. 

Se estas son as normas parecen moi razoables.

Ogallá neste proxecto se recolla un valioso material sociolingüístico que axude a comprender a situación actual da lingua galega; e permita unha boa diagnose e tomar as decisións máis sensatas para unha verdadeira recuperación da comunicación en Galicia.

Saúdamos proxectos valiosos coma este que hoxe botan a andar pola rede... Saúde !

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/01/26/eu-falo-/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados