Vigo Castellano  Galego  

Gamela

Queixa Solidaria

07/02/2010

O Courel segue abandoado a súa sorte... un dos lugares a protexer do noso territorio segue esquecido e "incomunicado" grazas ao desleixo das distintas administracións. 

Chegóume vía correo-e esta Queixa Solidaria por se fóramos aínda capaces de activar o coidado do noso Patrimonio Natural e Cultural antes de perdelo para sempre.

Podes enviar esta Queixa ao Valedor do Pobo directamente vía correo-e ou se o prefires facelo a traveso da Web da Institución.

En calquera caso agradecemos a difusión desta situación "tercermundista" que están a padecer os viciños do Courel por culpa das administracións responsables de solucionala.

 
Queixa ante o Valedor do Pobo
= Estrada Deputación de Lugo =
Seoane do Courel  - Hospital do Cebreiro

D./Dª_________________________________________
con DNI _____________________, con domicilio a efectos de comunicación en ____________________________________  Teléfono______________________.

quero poñer no seu coñecemento e denunciar os seguintes feitos en relación coa seguridade para as persoas, o medio ambiente, o Patrimonio Cultural e o Patrimonio Natural, no que respecta as obras da estrada de titularidade da Deputación de LUGO, Seoane do Courel - Hospital do Cebreiro:


1-     Tratándose da principal e única estrada do Courel á Autovía A6, non se entende que sexa de titularidade provincial, cando o normal é que sexa unha estrada de titularidade Autonómica.

2-      Así atopamos que a Deputación queixase continuamente dos gastos que ten que soportar, dunha xigantesca rede de estradas en toda a Provincia.

3-      Como consecuencia desta deficiencia orzamentaria, as reformas desta estrada , que se iniciaron no 2003, aínda non completaron a metade dun percorrido total de 13 quilómetros. Só se reformaron 6 quilómetros.  A este paso conseguirase prolongar as carencias de comunicación e os impactos de xeito indefinido.

4-      Outra consecuencia desta deficiencia orzamentaria, é que estas obras provocaron unha auténtica catástrofe ambiental e paisaxística nun territorio da Rede Natura 2000, sen avaliación ambiental, nin avaliación arqueolóxica, nen medidas correctoras de ningún tipo, atravesando polo medio a Mina Romana da Toca e impactando gravemente nunha paisaxe de recoñecidos valores naturais e culturais, nun Espazo Natural afectado polas Normas Complementarias e Subsidiarias da Provincia de Lugo

5-      Por suposto non se habilitaron pasos de fauna, e obstruíronse os poucos que había ao substituír as pontes por tubos, e practicar taludes totalmente verticais e insalvables. O caso máis escandaloso é o entubado do río Vilela, despois de rechear todo o val de escombros.

6-      O trazado real da estrada non coincide co dos planos do Proxecto, e iso pódese comprobar facilmente , observado  na ladeira os sucesivos intentos de trazado abandonados, resultado da metodoloxía de ensaio - error. A plataforma da estrada asentouse sobre escombreiras sen compactar, polo que está continuamente afundíndose; obrigando a unha reparación permanente a base de pedrapléns, que xa se tiñan que ter practicado na obra inicial. Como consecuencia da falta de muros ou pedrapléns, as curvas que se meten na ladeira quedaron cun radio moito menor que o proxectado, facendo un trazado caótico e perigoso.

7-      O tubo polo que pasa o río Vilela estase afundindo, o mesmo  que todas as curvas interiores do tramo Pontalor-Valurqueira.

8-      A integración paisaxística da estrada é nula e os impactos de algúns taludes e escombreiras son verdadeiramente descomunais tal e como pode observarse no seguinte blog:  http://pedrafitacourel.blogspot.com/


Por todo o anteriormente exposto solicito:


A-    Que se complete xa, a reforma desta estrada en todo o seu percorrido, e que se leve a cabo a pertinente integración paisaxística de toda a estrada

B-    Que se tomen as medidas pertinentes para salvagardar a seguridade das persoas e o Interés Público.

C-    Que se teña por presentado este escrito

 
Atentamente,


Asdo:


En ______ , a ____ de Febreiro de 2010.
 

Remitir a :  rexistro@valedordopobo.com

Máis información aquí

Non deixes para mañán o que podas defender hoxe !!!

 

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/02/07/queixa-solidaria/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. O Valedor do Pobo responde:

    Admitimos a trámite a queixa, por considerar que atopa cobertura institucional ao abeiro do artigo 46 da Constitución.

    Art.46. C.E.

    Los poderes públicos garantizarán la conservación y promoverán el enriquecimiento del patrimonio histórico, cultural y artístico de los pueblos de España y de los bienes que lo integran, cualquiera que sea su régimen jurídico y su titularidad. La ley penal sancionará los atentados contra este patrimonio.

    Publicado por: Gamela . | 15/02/2010 13:46:42

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados