Vigo Castellano  Galego  

Gamela

Guerra de Senhoritos

25/02/2010

Imagen

Imagen

 

Calquera con dous dedos de frente entendería que esta nave nunca debera terse levantado neste lugar de privilexio. 

As mellores vistas dende a Estación Marítima foron roubadas á cidadanía fai anos... nin sei quen foi o responsable desta burramie nin quero sabelo.

O único que pido a berros é que retiren dunha puta vez esta vergoña á vista de todos.

Se o Alcalde chegou catapultado dende o Porto ao Concello, semella que agora Corina pretende facer o mesmo. 

E como sexa que os dous saben ben o que significa nesta cidade o Porto, ambos andan guerreando políticamente á conta de todos nós.

É unha verdadeira vergoña que teñamos que aturar a este par de imbéciles facendo política coa ruína da Cidade de Vigo.

Non compartirei nunca o estoicismo (cinismo) dos meus concidadáns á hora de mirar para outro lado cando se nos bota a merda enriba a tódolos vigueses.

¿Aínda non se decataron de que están aí para traballar a prol do ben común?

Seica os "señoritos" andan entretidos nas súas liortas...prendéndolle lume á Cidade.

Retorcen a Lei e as Normas ata que sangran, e logo chámanos para levantar o cadáver.

Co centro urbán levantado para varios anos, coa amenaza de seguir enterrando millóns de euros nas beirarrúas, sen resolver aínda o Casco Vello, con obras que parecen quimeras borbollando nos Diarios Oficiais... agora seica imos ter que contemplar a vergoña destes derribos consolidados, non vaia a ser que alguén os reclame coma patrimonio histórico industrial (e sigan o mesmo camiño cas escavacións da rúa Serafín Avendaño).

Vigo Ilegal... Vigo morrendo polo egocentrísmo dos seus políticos locais...!

Se tiveran vergoña... mañán non quedaría un cascote nos peiraos do Porto de Vigo !

Máis Información

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/02/25/guerra-de-senhoritos/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña


Los comentarios están cerrados para esta anotación

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados