Castellano Galego
Ao Valedor do Pobo
Á Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.
A todas as Centrais Sindicais da Sanidade Pública
1. O Concello de Folgoso do Courel (Lugo), foi recoñecido como zona de Montaña por:
* Orden Ministerial de 6 de marzo de 1985. (Ministerio Agricultura)
* Directiva 86/466/CEE da Unión Europea
O artigo 130.2 da Constitución Española do título VII di:
Co mesmo fin, dispensarase un tratamento especial ás zonas de montaña.
Este artigo da Constitución Española, foi desenvolvido pola vixente Ley 25/1982, de 30 de junio, de Agricultura de Montaña, que no seu artigo 1, di:
La presente Ley tiene por objeto el establecimiento de un régimen jurídico especial para las zonas de agricultura de montaña con el fin de posibilitar su desarrollo social y económico, especialmente en sus aspectos agrarios, manteniendo un nivel demográfico adecuado y atendiendo a la conservación y restauración del medio físico, como hábitat de sus poblaciones.
Esta lei, que no Courel está sen aplicar na súa totalidade, advirte claramente na súa disposición transitoria segunda:
A partir de la entrada en vigor de la presente Ley y hasta que no se desarrolle el mandato del artículo 130.2, de la Constitución, no se realizarán reestructuraciones de servicios y equipamientos que supongan una supresión o disminución de personal o medios (Escuelas, médicos, transportes públicos, etc.).
A pesares desta advertencia , no ano 2002, elimináronse as gardas médicas nocturnas no concello do Courel, por respectar un pacto que se establecera entre a Xunta e as centrais sindicais, quedando sen asistencia, dende as 10 da noite ata as 8 da mañá do día seguinte.
2. Os veciños e veciñas tardan en chegar ata o hospital máis próximo, en Monforte de Lemos ou en Lugo, máis de tres horas, dende que se activa o servizo de emerxencias.
3. O Courel queda pechado pola neve varias veces ao ano. Como normalmente comeza a nevar por a noite, queda tamén sen médico.
4. En caso de emerxencia, por absurdos protocolos asistenciais, as ambulancias deben dirixirse e parar primeiro no Centro Médico de Quiroga que non ten máis mesmos medios materiais que os do Courel, por culpa deste arrodeo innecesario pódese chegar a perder máis de hora e media para chegar ó hospital, de Monforte ou Lugo. Debido, a parte da perda de tempo na parada, a que Quiroga está máis lonxe de Lugo que moitos núcleos poboados do Courel.
5. A falta dun servizo sanitario axeitado e próximo, é unha das causas do despoboamento dramático e terminal que está a vivir o Courel, onde a maioría dos residentes, son persoas maiores de 60 anos. É moi común que moitos/as veciños/as abandonen, o Courel, para vivir noutras vilas que ofrecen maior seguridade asistencial, despois de comprar unha vivenda ou conseguir praza nunha residencia de maiores, fora do seu propio concello
6. Según o artigo 10 da vixente LEI 45/2007, de 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, o Courel é unha zona rural prioritaria: “con escasa densidad de población, elevada significación de la actividad agraria, bajos niveles de renta y un importante aislamiento geográfico o dificultades de vertebración territorial.”
E por ser unha das “....áreas integradas en la Red Natura 2000” e según o artigo 30:
Para facilitar o acceso da poboación rural a uns servizos públicos sanitarios de calidade, o Programa poderá establecer medidas que persigan:
a) A mellora da sanidade, en particular da Atención Primaria, singularmente nas zonas rurais prioritarias, que permita asegurar uns servizos sanitarios básicos de proximidade en cada zona rural.
b) A posta a disposición dos profesionais do Sistema Nacional de Saúde, que exercen no medio rural, das máis modernas tecnoloxías e medios e, en particular, da telemedicina.
c) A mellora do acceso dos cidadáns que residen no medio rural a unha atención sanitaria especializada de calidade, prestando unha atención singular ás urxencias médicas.
Por todo o ante dito, esixo á Xunta de Galicia a devolución inmediata da asistencia sanitaria e de urxencias permanentes ao Concello de Folgoso, para salvagardar a saúde e a seguridade dos veciños e veciñas, e que se teña por presentada esta queixa,