Vigo Castellano  Galego  

Gamela

Abir Vigo ao Mar ?

02/07/2010

 
 

 

Os espabilados sempre fan negocios á conta dos demáis... e son tan listos que normalmente os demáis chegamos a crer que teñen razón en enriquecerse á costa de todos nós... Cousas da Vida.


Nestes tempos de crise cómpre revisar con calma as ganancias que algúns exhiben sen pudor diante da cidadanía, e mesmo insisten en prohibirlle o paso aos verdadeiros donos dos recintos que tan 'ilegalmente' veñen disfrutando de xeito exclusivo, creando zonas VIP sobre os eidos do común.

No peirao pesqueiro de Bouzas temos un exemplo digno de estudo: Marina Davila Sport fíxose co espigón enteiro sen rubor nin vergoña algunha; mesmo indican a existencia de cámaras de videovixiancia ao pé dun edificio 'social' digno do mellor club náutico privado, e é de supoñer que todo este derroche paga coma se dunha nave industrial se tratara... verdade que é un magnífico negocio ?

Na outra punta de Vigo, xa todos coñecedes o recinto privado onde se nos prohíbe o paso a tódolos cidadáns que asomemos polo complexo industrial-deportivo da Punta Lagoa. Agora grazas á inauguración do paseo do monte da Guía, quedaron expostos á visión do público...

Pero se botamos unha ollada ao que vén sendo a apropiación indebida da liña de costa na nosa Cidade, por parte de catro listos que sempre fan negocios á costa dos demáis, non é cousa de broma o que está a suceder cos chamados portos-deportivos. Aínda temos pendente o acceso público á Illa de Toralla e por máis pleitos e sucesivas corporacións que gobernen na Cidade, nunca máis se nos devolve o que é da Cidadanía.

¿Será este o momento de cobrar as débedas atrasadas...?

Sen dúbida os "propietarios" teñen con que pagalas dabondo... sempre podemos embargarlles os barcos ou os chalets que de xeito tan ilegal coma privativo disfrutaron ata o momento actual.

Foron estas "propiedades" as que fixeron subir o coste da vida... foi este modelo de crecemento insostible o que propiciou a avaricia de tódolos demáis que querían parecerse a eles, querían ser novos ricos... e facelo á costa dos orzamentos públicos e por riba PRIVATIZAR O MUNDO !!!

Non é cousa de broma, e compriría moita máis atención das autoridades públicas cando un espabilado coloca unha valla ou monta un sistema de seguridade que impide aos demáis acceder libremente á liña de costa que é de uso común e dominio público segundo rezan as Leis que tanto lles gusta modificar a algúns últimamente.

É hora de cobrar... son moitas as débedas contraídas coa Cidadanía de Vigo.

http://vigo.cidadans.net/gamela/2010/07/02/abir-vigo-ao-mar-/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados