Castellano Galego
Mentres o goberno español non diga claramente se pagamos ou non pagamos rescate pola liberación dos dous cooperantes cataláns, supoño que seremos o país máis chulo do Magreb Islámico ou cando menos poderase confiar en España para 'negociar o que faga falta' e con quen faga falta para maior gloria desta sección magrebí da Al Qaeda (excarcelan ao autor intelectual dos secuestros políticos e por riba se embolsan varios millóns de €uros para mellorar as súas infraestructuras para futuros secuestros e poder seguir sobornando á poboación local para manter o seu santuario islámico).
Nin Francia nin Reino Unido quixeron 'negociar' con Al Qaeda...
dous mortos foi o prezo.
Seica Zapatero ten ideas máis claras de como levar adiante a súa particular resolución de conflictos no mediterráneo : Diálogo de Civilizacións with Cash!