Castellano Galego O símbolo de Sant-Iago é un volcán que fica durmido. A devoción e a fascinación que seguen a exercer sobre a xente son enormes, só que neste mundo de pequenos praceres que nos tocou viver o poder e a influencia do mito santiagués non pasan do turismo cultural e de fenómenos comerciais. Pero os símbolos viven noutra escala de tempo, moito máis ampla que a das persoas. Saben agardar, pacientemente, o seu momento. Por iso, Santiago de Compostela é un volcán durmido baixo o que se axitan magmas incandescentes que seguramente chegarán de novo a estoupar. E iso non me produce ningunha satisfacción.
O símbolo de Sant-Iago é un volcán que fica durmido. A devoción e a fascinación que seguen a exercer sobre a xente son enormes, só que neste mundo de pequenos praceres que nos tocou viver o poder e a influencia do mito santiagués non pasan do turismo cultural e de fenómenos comerciais. Pero os símbolos viven noutra escala de tempo, moito máis ampla que a das persoas. Saben agardar, pacientemente, o seu momento. Por iso, Santiago de Compostela é un volcán durmido baixo o que se axitan magmas incandescentes que seguramente chegarán de novo a estoupar. E iso non me produce ningunha satisfacción.