Vigo Castellano  Galego  

A ollada do Sereo

cousas da cidade

Nigrán con humor.

16/11/2006

Hoxe lin este post dun blog vigués sobre o alcalde de Nigrán que me arrincou un par de risos:

http://ruadosol.blogs.ie/2006/11/15/rabinos-de-pasa-en-nigran/

Non son partidario do enchufe (dirixido) de blogs externos nos cadernos cidadáns, podíanos meter nunha sección de ligazóns sobre vigo, ou dun xeito diferenciado, porque falsea o que realmente hai por aquí e porque a incorporación aos cadernos é unha decisión (selectiva) dos administradores. En todo caso, como esa foi a opción que tomaron, propóñolles que enchufen tamén este blog, que ten boa pinta. Aínda que o de rúa do sol... que eu saiba é "porta" ou cando menos praza.

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/11/16/nigran-con-humor/
1 Comentario - Enviar comentario

O problema de "inseguridade forestal". Non hai quen vixíe.

10/11/2006

Ultimamente... víchesme tempo. Isto dos blog require uns minutos que moitsa veces non se teñen.

Moito se ten falado das tramas incendiarias, pero o que realmente saben con probas as forzas de seguridade é que non saben da grande maioría dos autores. Xa se sabe o monte vale pouco diñeiro, e vixialo custa cartos.

Sobre este tema respondeu hoxe o goberno central, que é quen ten as competencias absolutas en materia de seguridade e persecución de delictos:

http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=53770

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/11/10/o-problema-de-inseguridade-forestal-non-hai-quen-v/
0 Comentarios - Enviar comentario

Non só é o PXOM. Tamén bloquean a área metropolitana.

20/10/2006

Que ten o PSOE con Vigo?. Por que muda a súa posición?.
Vieiros dá hoxe conta do tema:
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=53244

O castigo político de corte partidista é o peor exemplo que o sucesor de Fraga nos podía dar. É como fozar na mesma ferida de sempre.

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/10/20/non-so-e-o-pxom-tamen-bloquean-a-area-metropolitan/
1 Comentario - Enviar comentario

Exposición Reve!a.

18/10/2006

Vale a pena achegarse ao porto deportivo e aos xardíns de Montero Ríos. Unha exposición de fotoxornalismo, variada e impactante, que polo que parece está patrocinada ou organizada polo Concello de Oleiros. Un aplauso pola iniciativa.

Xa ten dous ou tres paneis rotos, tamén vale a pena velo para coñecer as actitudes dalgúns veciños nosos.

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/10/18/exposicion-revea/
0 Comentarios - Enviar comentario

Iraq. Un exterminio que acusa a occidente, que acusa a España.

13/10/2006

Non sei como se lles pode chamar a todos os que apoiando ao PP apoiaron esa invasión militar con todos os asasinatos que se vían vir.

Non había armas de destrución masiva pero lograron que houbese asasinatos masivos. Hai quen nunca poderá limpar das mans tanto sangue. E como diría Aznar non están "en montañas lejanas", están aquí, entre nós, vivindo "cristianamente".

655 mil iraquís, tantos como un de cada catro galegos, asasinados xa, di un informe:
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=53043

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/10/13/iraq-un-exterminio-que-acusa-a-occidente-que-acusa/
0 Comentarios - Enviar comentario

Premios Chanante Piñeiro aos mellores vídeos galaicos.

11/10/2006

Estes de Chuza! son o demo.

http://wiki.chuza.org/wiki/Premio_Chanante_Pi%C3%B1eiro

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/10/11/premios-chanante-pineiro-aos-mellores-videos-galai/
0 Comentarios - Enviar comentario

Hipocrisía, Plan do Porto e Plan Xeral.

04/10/2006

Segundo a RAG:
"hipocrisía s.f. Actitude daquel que finxe o que non sente e mantén unha postura falsa cara ós demais, e tamén, carácter das palabras, xestos e feitos dos que teñen esta actitude. Esa cara amable que nos pon é pura hipocrisía, despois vai falar mal de nós. CF. finximento."

O PSOE critica a posibilidade de torres en Beiramar que contempla o PXOM, seguindo criterios de liberación de superficie e de viabilidade do plan mercé ao financiamento privado. Di que é especulación, antiestético e antiecolóxico.

Abel Caballero, presidente do Porto e candidato á alcaldía do mesmo partido (o PSOE) anuncia un proxecto de recheo sobre a ría que inclúe dúas torres e adica superficie mariña a algo que só pode estar aí: Restaurantes Temáticos.

Non entendo nada, ou máis ben enténdoo todo.

Sobre o PXOM, chamar a atención sobre o que din outros axentes sociais:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2771&pIdSeccion=2&pIdNoticia=91035&rand=1159961190763

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/10/04/hipocrisia-plan-do-porto-e-plan-xeral/
0 Comentarios - Enviar comentario

Censurando a memoria de quen foron vítimas. Sobre a ausencia de "Ética" en la Voz de Galicia.

22/09/2006

Sobran comentarios:

http://oalpendre.blogspot.com/2006/09/o-desprezo-memoria.html

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/09/22/censurando-a-memoria-de-quen-foron-vitimas-sobre-a/
0 Comentarios - Enviar comentario

As novas fresquiñas e amabelmente escollidas: Chuza!.

18/09/2006

Lévoo usando varios meses e penso seguir así. Aos que aínda non o coñecen, recoméndolles a visita a páxina de novas de Chuza!:

http://chuza.org/

Non ten noticias propias, o seu valor consiste na recolleita e selección colectiva feita polos lectores dos máis diversos medios e temas. E os lectores son galegos.

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/09/18/as-novas-fresquinas-e-amabelmente-escollidas-chuza/
0 Comentarios - Enviar comentario

Irmandiños, a revolta.

13/09/2006

Por se a alguén lle interesa, xogo de roll no castelo de Monterrei, dous días con escenificación e con todo o espazo reservado. Dentro de dez días.

Pódese escoller xogar como irmandiño ou como malfeitor.

Unha movida, meus.

Nesta ligazón:

http://www.13negativo.com/revolta.swf

http://vigo.cidadans.net/trasnoberbes/2006/09/13/irmandinos-a-revolta/
0 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados