Castellano Galego
A Estación Marítima está xa completamente pechada por un valado cotroñento, que impide que nos acheguenos a contemplar as Cíes ou o Morrazo. Se un vai por alí á tardiña, verá que non acontece nada nin hai nada que protexer, mais a porta segue pechada. A súa función debe ser simplesmente amolar. Por se alguén se pensa colar, xa puxeron un letreiro ameazando con sancións.
No mesmo sitio, temos tamén esa obra absurda da Laxe que vai tapando os edificios minimamente dignos para realzar a perturbadora presenza do Bahía e o Concello ao fondo. Non só obstaculiza o acceso ao mar e o seu desfrute. Tapa o que hai de decente na vista da cidade hacia o Berbés.
Aquí alguén se fumou tamén moitas alcaldesas xuntas. Ou iso ou o quererlle moito ao peto, e ben pouco á xente e á cidade.
1. Non quero pensar que nos están restrinxindo ás zonas, pero como ti dis a cousa vai a peor. Non fun pola estación pero agora como dis vou tratar de ir esta tarde mesmo... Qué magoa
2. Desde logo alguén esquece quen aprobou autorizar o centro comercial de "A Laxe", porque moito falar, moito falar, pero a hora da verdade algúns nacionalistas que van de progres xunto coa dereita ladrilleira, son os reis do ladrillo. No esquezamos.
3. A decisión de como quedou finalmente o da Laxe non foi dos nacionalistas. E ademais, o proxecto dos nacionalistas de crear un paseo que rodease toda a liña de costa de Vigo, onde quedou?.
Porque hai quen procura o equilibrio ladrillo-humanización e quen queda só coa parte da copla que fala do ladrillo.
Os proxectos máis importantes de humanización de bairros, e creación de zonas verdes dos últimos quince anos, foron botados a andar polo goberno do bloque -que só durou catro anos- outros merecen as "felicitacións" dos apartamentos de Samil, do Parking de Urzaiz, do fume de "Abrir (=pechar) Vigo ao mar", das torres "aquí porque si", etc etc.
As miñas críticas aos do bloque irían por outro lado, que nesta discusión non vén a conto. Mais aquí os pelotazos urbanísticos déronos os gobernos de PSOE e PP, e os feitos están aí.